A 19ª Sesión Plenario trae o terceiro cruce dos oitavos de final. Xogan o presidente do Antas, Koeman e o ex colexiado do fútbol sénior, David Rodríguez.
A emoción mantívose ata o final e a vitoria foi moi apertada. Ambos concursantes competiron moi ben e deron toda unha lección de deportividade.
Os dous participantes teñen cadrado moitas veces dentro dun terreo de xogo. Pero era a primeira vez que coincidían nun concurso sobre preguntas de fútbol. «Este home é unha enciclopedia», dixo Koeman referíndose ao seu rival a quen lle cedeu toda a presión.
O ‘Palabra De’ retoma o seu protagonismo en Sesión Plenario
Tanto Koeman como David foron autores de cadanseu ‘Palabra De’ neste medio. Por iso, botamos man dos seus escritos para ver canto se coñecían un do outro e comezar a primeira rolda de preguntas.


Pasamos tamén polos ascensos xa conseguidos esta temporada na parte norte da provincia: o do Racing Villalbés B e o do Mondoñedo.
Fomos ata Sarria para falar de Rubén López García ‘Ruchi’ e ata Ribadeo para falar de Crhistopher Díaz Linares ‘Criss’.
Coñecemos o apelido de dúas das cracks do noso fútbol, aínda que nestes momentos non están xogando nel por diferentes motivos. Falamos de Noe López Pires e Esther Núñez Arias.


Para rematar, fixemos unha última rolda do máis internacional. Buscamos puntadas do fútbol lucense por España adiante e incluso subimos aos Pirineos. Falamos do ex adestrador do Villalbés José Antonio Prieto ‘Cata’ que ten o cargo de secretario técnico do Osasuna. E tamén de Manu Torres, o técnico monfortino axudante de Eder Sarabia no Andorra CF.
Tres concursantes clasificados nos oitavos de final:
Á espera de que vexades o resultado entre Koeman e David, hai dous participantes máis que xa accederon aos cuartos de final. Tanto Tucho como Lourido están xa dentro dos «oito mellores» que xogarán por chegar a gran final do concurso que entretén e difunde o fútbol lucense.
Os cruces dos oitavos de final foron formados por sorteo. Non obstante, as eliminatorias non seguirán a orde do cadro e iranse xogando en función da dispoñibilidade dos participantes.
Á diferenza da primeira rolda, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.
Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta décimo novena Sesión Plenario que non contou excepcionalmente con Plenario Veiga.
KOEMAN, PRESIDENTE DO ANTAS E CONDUTOR DO ASCENSO NO PALAS

O concursante Koeman participou orgulloso na Sesión portando a camisola do Palas. O cadro dos Chacotes vén de conseguir o ascenso á Segunda Rexional. «Os rapaces merecíano, pasámolo moi ben«, apuntou Koeman.
Dáse a casualidade de que Komean é o actual presidente da SD Antas a pesar de ser de Palas, equipo no que tamén xogou boa parte da súa vida. «É unha cousa curiosa. O ano pasado xa xoguei no Palas sendo presidente do Antas. Ao final o Palas é o club da miña terra de sempre e teño que celebrar tamén. E en Antas quero moito a esa xente, por iso son presidente«, aclarou.
Foto de portada: a foto de David sacada dunha imaxe de Sonia Paleo