A Deputación de Lugo acolleu onte o sorteo das Copas Deputación 2023. O tradicional torneo manterá unha liña continuista aínda que, coma sempre, aparecerán certas novidades.
A XXXIX Copa Deputación contará con 23 equipos na súa modalidade de Preferente e Primeira, 55 na de Segunda e Terceira e outros 10 na súa versión feminina. A fase previa da primeira delas disputarase en Xoves Santo mentres que os equipos de Segunda e Terceira farano no Domingo de Resurrección. O comezo da Copa Feminina será o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
As finais están programadas para o 17-18 xuño (Preferente e Primeira xunto coa Feminina) e para o 25 xuño (Segunda e Terceira).
Nas fotografías que mostramos a continuación ofrecemos as contías que percibirían cada un dos participantes en función das roldas superadas. Así mesmo, deixámosvos as diferentes eliminatorias en cada unha das tres modalidades copeiras nos diferentes arquivos adxuntos.
COPA PREFERENTE-PRIMEIRA
COPA FEMININA
COPA SEGUNDA-TERCEIRA