Rubén Núñez, SDC Residencia: «Podemos plantar cara a calquera»

Onte, a nosa cámara estivo na Cheda para inmortalizar o triunfo da Residencia cadete sobre a Ferroviaria, victoria que lle serviu aos locais para erixirse como campións da Liga Provincial e contar cun billete para a fase de ascenso á Liga Galega Cadete. Hoxe falamos con Rubén Núñez, adestrador desta gran Residencia.Non é a primeira vez que Futbolinlugo fala con Rubén. Cando o seu equipo se proclamou campión da primeira fase da liga, fixémoslle unha pequena entrevista para coñecer as aspiracións do equipo de cara ao final de tempada. A de hoxe céntrase na consecución do próximo e último paso, o ascenso.

Futbolinlugo: Ola Rubén. Onte proclamástesvos campións da Liga Provincial. Esta vez, con once puntos de vantaxe sobre o terceiro, e con catro sobre o segundo, o Polvorín. Vése reforzada a confianza, tanto a túa como a dos xogadores?

Rubén: Eu creo que sobre todo a segunda volta da liga deunos un plus de saber o que esixen os rivais, houbo xente que subiu o nivel, e en canto ao tema de vestiario estamos máis unidos. Saen mellor as cousas nos partidos, e iso aporta tranquilidade. Houbo determinados encontros nos que o planteamento saiu ben, e ese tipo de cousas tamén dan confianza aos rapaces e a min.

 

Celebración do título onte na Cheda.

Futbolinlugo: Estades a tan só una eliminatoria do ansiado ascenso. Cada vez é máis posible…

Rubén: O primeiro é coñecer ao rival. Posible é, pero a mensaxe ten que ser ser respetuosos co contrario, e se nós facemos dous bos partidos podemos plantar cara a calquera, igual que calquera pode plantarnos cara a nós. Hai que confiar, pero hai que ser prudentes e realistas.

 

 

Futbolinlugo: Coñecedes xa aos posibles rivais? Tedes algún favorito?

Rubén: Estamos bastante ao tanto dos movementos en Coruña. En canto ao tema clasificacións, en Santiago e na liga da costa de Coruña hai un líder moi destacado, en Ferrol quizais estivo un pouco máis igualado, e sobre todo en Coruña centro é onde máis equipos estiveron competindo (Montañeros «B», San Tirso, Orillamar e Ciudad Jardín).

 

Futbolinlugo: Fostes os máximos goleadores e os menos goleados na Liga provincial. Algo estades a facer ben…

Rubén: Si, é un reflexo do que fas sobre o campo. En especial o tema de menos goleados, porque en toda a liga ninguén nos meteu dous goles nun só partido, e nós marcamos en todos excepto en Castro e grazas a iso non se escapou case ningún punto. É una alegría e o reflexo do traballo. Incluso Lisardo (extremo esquerdo do equipo) vai ser pichichi do Provincial.

 

Futbolinlugo: Buscaredes o doblete e trataredes de gañar a copa?

Rubén: Aínda non o sabemos. Xa o temos falado cos xogadores. Se non podemos compatibilizar renunciaremos a ela. A copa é longa e secundaria, a pesares de ser un medio para seguir competindo e dando minutos a xente que non tivo moitos, pero que os merece. Queremos xogala, pero se vemos que pode ser un prexuizo, non é prioritaria.

O bollorismo é evidente entre rapaces e adestrador.

 

Futbolinlugo: A pesares de non estar rematada, que destacarías do que vai de tempada?

Rubén: Ao final, foi un grupo no que houbo altibaxos de compromisos, por tema estudios, castigos… e ten habido momentos nos que costou máis traballar, pero nas últimas semanas estamos facendo todo moi ben, a xente deu un salto de compromiso e actitude. Están concienciados de que as cousas chegan traballando e cumprimos os obxectivos, xa que en todas as categorías hai equipos que renderon por enriba ou por debaixo, e temos un gran mérito por estar aí.

 

Futbolinlugo: Moitas grazas, Rubén. É un pracer falar contigo.

Rubén: A vós.

Agardamos que non sexa a última entrevista que lle facemos a Rubén este ano, e que a próxima sexa tras a celebración do ascenso do seu equipo!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 535

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.