Isto sucedeu no meu primeiro ou segundo ano no Escairón! Tocábanos ir xogar a Muimenta se mal non me lembro. Hai que dicir que con dezaoito anos gústache o fútbol pero aínda che gusta máis a festa.
Estabamos esperando o bus para saír e xuntámonos os máis novos para contar as historias de como fora a noite do sábado. A maioría cunha resaca curiosa. O caso é que aínda tiñamos máis gañas de festa ca resaca.

Daquelas a directiva que tiñamos, levaba para os desprazamentos uns bocadillos para darlle os xogadores ó rematar os partidos. E ademais, como nos adoitaba acompañar un grupo de afeccionados no bus; tamén lles levaban para eles unhas galletas e unhas botellas de licor café!
O caso é que vimos aquelas botellas alí colocadas no maleteiro do bus e ocorreusenos a xenial idea de subilas para arriba sen que as vise o míster e a directiva! Todo isto feito polo grupo de catro xogadores máis novos.


Fomos para a parte de atrás do bus e comezamos a viaxe. Ao pouco, un de nós dixo: «Imos facer un xogo… cada vaca que vexamos, bebemos un chupito de licor café». Imaxinádevos unha viaxe Escairón-Muimenta… a cantidade de vacas que poidemos ver en fincas preto da estrada.

O caso é que se nos foi das mans, e á altura de Lugo xa non quedaba nin gota de licor café. Claro, o problema veu despois. Chegamos a Muimenta e os catro fomos titulares! Quentando xa a cousa ía mal. Pero empezamos o partido e aos dez minutos un xa tivo que pedir o cambio que se atopaba mal. O resto aguantamos pero non dábamos un pase a dereitas e chegamos ao descanso 2-0 perdendo.
O míster botándonos a bronca pero non sabía o que pasaba. Ao saír para o segundo tempo mollamos a cabeza en auga fría na ducha e pouco a pouco fómonos atopando mellor e conseguimos remontar o partido. Xa non recordo ben si 2-3 ou 2-4!

Fómonos para o vestiario e non críamos aínda da que acabaramos de librar sen que se enterara nin o míster, nin a directiva, nin a maioría de compañeiros. Pero a ‘cagada’ veu cando viron que non estaban as botellas no maleteiro para darlle aos afecionados que viñeron ese día. Subiron ao bus e alí as atoparon nos asentos de atrás sen unha sola gota. Aí foi cando xa lles empezaron a cadrar todas as historias que no céspede pasaran.
Aitor Rodríguez Fernández. Xogador do Atlético Escairón, amante do licor café.