Diario dun Mercado. Episodio 506
-
Eros López | 04/06/2026
- 0
- 3min de lectura
O Diario dun Mercado non para e cada vez son máis os equipos que fan os primeiros movementos, adiantandose a todos aqueles que se manteñen á espera do que aconteza nas promocións. O epicentro de todo o que está a pasar esta nos bancos. onde uns quedan, outros marchan e algún xa ten novo destino. Tamén hai importantes continuidades nos cadros de xogadores da provincia e, incluso, unha promoción ao primeiro equipo despois dun gran ano de irrupción.
Algo que xa é costume no inicio do Diario dun Mercado e que os primeiros movementos danse nos adestradores. Nesta edición, só se deron dúas marchas. Unha delas foi a de Isaac Rouco, que non seguirá no Riotorto de cara á vindeira tempada. O que xa fora xogador do conxunto chairego emprendeu este curso unha nova viaxe co obxectivo de acadar o ascenso do que quedaron ás portas na promoción o ano pasado. O Riotorto loitou na zona alta ata o final, pero quedou nunha terceira praza que non da oco para alongar a tempada.
A outra marcha nos bancos dase no Atlético Escairón, onde Omar non continuara como adestrador. Despois dun curso onde lograron ser semifinalistas da Copa Deputación, pero na Primeira Futgal non acadaron loitar polos postos máis altos da táboa clasificatoria. Lograron un meritorio sexto posto, pero non conseguiron entrar na loita pola promoción de ascenso. Non marcha só o técnico, senon que con el tamén se vai o preparador físico, Fran García. Iso sí, tamén hai continuidades como a de Manu Vicente e Aurelio ao fronte do Folgueiro despois de acadar o ascenso directo á Primeira Futgal.
Xa hai equipos qeu comezan a darlle moito ritmo á confección dos seus equipos. O que máis movementos fixo foi o Iberia, que manterá aos seus principais líderes para arrincar o seu retorno á Primeira Futgal. Os capitáns Pernas, Bachir, Barrera e Piscu continuarán nas Valgas. Outro equipo que aposta pola continuidade é o Lourenzá, que seguirá contando con Xoel, Bruno e Casanova para a vindeira campaña.

O mercado tivo tres tipos de movementos diferentes na Magdalena. O Racing Villalbés anunciou a continuidade de Yago Miguelez como porteiro, mentres que tamén oficializaron que Edu Reigosa se convirte en xogador do primeiro equipo a tódolos efectos. Ademais, o filial tamén conta coa renovación do seu capitán, Gabri, para o vindeiro curso. Outros equipos que conseguiron continuidades foron o Celta Barreiros co seu gardameta Flavio e O Incio Terra Brava coa renovación de López.