#Feminino #Fútbol afeccionado

Remonta do Lugo para alzarse coa Copa

O Lugo alzouse coa XXXVIII Copa Deputación despois de voltear un 0-2 en contra ante o Antas. As de Dani Abelairas e Noe Pires fixeron unha gran posta en escena. Abriron a lata nada máis comenzar cun gol da propia Noe Pires. E aumentaron as diferenzas antes dos vinte minutos de xogo cun tanto doutra xogadora All Star, Nuria Louzao.

O cadro de Joaquín Blanco pasou serios apuros ante o xogo aéreo das do Castro Seoane durante os noventa minutos. Por sorte, antes do descanso meteuse de cheo no encontro cun gol de Paula, tamén seleccionada para o noso All Star 2022. O Lugo dispuxo dalgunha ocasión máis para empatar, pero ao tempo de lecer o resultado era o do 1-2 desgranado.

O Antas golpeou primeiro na final

Tralo paso pola zona de vestiarios, o fútbol combinativo albivermello carburou mellor. Entrou Lucía e aportou o aire fresco que as albivermellas precisaban. A propia Lucía empatou. Despois, chegou a culminación da remonta. Paula selou o seu dobrete a menos de dez minutos para o remate e deulle a Copa á entidade presidida por Tino Saqués. Se ben é certo, que o Antas apretou o que puido para evitar este desenlace. De feito, as de Abelairas e Pires desperdiciaron unha magnífica oportunidade na prolongación. Marta mandou o balón alto, nun remate sen oposición desde dentro da área.

Resultados da xornada

CD Lugo 3-2 Antas



Remonta do Lugo para alzarse coa Copa

O II All Star xa ten protagonistas

Remonta do Lugo para alzarse coa Copa

Diario dun mercado. Episodio 279

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *