Palabra de… Álex López: ”Proxecto novo coa ilusión de sempre”

 

Nace un novo proxecto no seno da provincia de Lugo. Despois de varios anos sen contar con fútbol nas categorías senior, un grupo de amigos con ilusión e moitas ganas de fútbol, anímanse, coa colaboración do Concello de Rábade e de todo o pobo, a volver facer aparecer no mapa fútbolístico provincial esta vila.

O inicio dun proxecto nunca é sinxelo e sempre se atopan pequenas trabas que solventar, pequenos apuros, pero contando con un bo grupo, como é o caso, nada se volve imposible.

Agradecer tamén a axuda recibida por parte dos patrocinadores que para comenzar un novo proxecto sempre son unha parte fundamental.

Contamos cun grupo excepcional, tanto dentro como fóra do campo. Ao grupo de xogadores cos que contabamos, que eran xa conocidos de outros anos anteriores e algún que outro proxecto en común, engadimos uns cantos rapaces que proviñan da zona de Rábade e da Terra Chá e formamos un grupo no que reina o bon ambiente e as pretensións de facer algo interesante esta tempada.

Despois de varios meses de competición as cousas non saíron todo o ben que desexabamos que saisen pero botando unha ollada atrás non podemos estar nada descontentos co traballo feito (na primeira fase da competición quedamos a un par de puntos de disputar a fase de ascenso directo no primiero ano, e agora temos a oportunidade de facer un bon papel na Copa Delegación e optar a un posto para o ascenso a segunda).

Falando agora un pouco máis dende o persoal, para min, este novo proxecto supuxo unha enorme alegría e unha enorme oportunidade. Despois de un par de anos sen poder disfrutar do fútbol dende dentro dos terreos de xogo (debido a unha lesión de rodilla e a súa correspondente cirurxía e recuperación) puiden voltar a practicar o deporte do que disfruto dende que era pequeno.

Álex López, xogador do CD Rábade Balompié.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.