A falta de catro xornadas para o final na Terceira Galicia comezan a achegarse as primeiras probabilidades de ascenso. Na seguinte xornada, o Corgo dependerá de si mesmo para subir á Segunda Galicia; incluso podería ascender no descanso do seu partido (ás 17:30h fronte ao Catro Roldas) se se dan outros resultados na xornada. Goiriz e Incio, que se enfrontarán esta fin de semana, son os outros dous equipos que o teñen bastante encamiñado. Pola súa banda, o Muimenta segue imbatible no grupo norte do Trofeo Delegación Lugo e no sur mantense a igualdade logo do empate entre Paradela e Río Sil e a xornada de descanso do Guntín.
Na fase polo ascenso, o Corgo sacou un valioso empate do campo do Incio que non estaba no seu mellor estado. O gol de Marcelo Silva nos instantes finais do encontro achega o ascenso ao cadro corgués que conseguiu igualar o gol marcado por Vila. Entre os dous equipos na clasificación sitúase agora o Goiriz, que venceu a domicilio á Fonsagrada. Mateo, cun pase e un gol, foi dos xogadores máis destacados do choque. Cuarta segue a Comercial a pesar de encaixar a quinta derrota desta fase; desta volta na casa e ante o Sober. O gol de Brais nos últimos compases do partido dálle tres puntos ao cadro soberino que lle permiten engancharse á loita polo ascenso. A quinta praza mantena o Catro Roldas ao igualar na Canteira co seu rival máis directo nestes momentos, o Cervo. No equipo local, o central Cabado foi un dos mellores, mentras que no conxunto da Mariña o gardamallas Jose Hermida tivo unha gran actuación.
📆❌ O partido organizado pola @SDCazas a beneficio do #CatroVentos foi adiado por incompatibilidade no calendario para o @cdaspontes https://t.co/nAhCrDGQgC
![]()
— Futbolinlugo (@futbolinlugo) March 20, 2018
No Trofeo Delegación Lugo, no grupo norte, o Muimenta está a piques de certificar o primeiro posto do grupo. Tan só o Celta Barreiros podería alcanzalo no caso de que gañase todos os partidos e o equipo adestrado por Basi perdera todo. Conseguiu a súa oitava vitoria da temporada ante un Cazás que viña nunha boa xeira. Con Javier Morán nunha inusual posición de porteiro e co bo papel no centro do campo de Javier Anllo, Jairo e Miguel. O filial do Friol perdeu as súas aspiracións de chegar o primeiro posto ao caer pola mínima ante o Celta Barreiros, a pesar do bo encontro do seu porteiro Fernández. Ayoub e Ibra foron dos futbolistas máis destacados no cadro da Mariña no que o porteiro Xosé tivo que xogar de extremo. O Rábade sumou a súa terceira vitoria con claridade ante o Celeiro con Joel e Junior como xogadores máis destacados. O Rioaveso decansou a pasada fin de semana.
No grupo sur, houbo empate nun dos duelos da xornada entre o Paradela e o RíoSil polo que todo segue igual na cabeza da clasificación. Paradela líder cos mesmos puntos ca o Río Sil, agora un menos ten o Guntín pola súa xornada de descanso. No Paradela, Eros parou un penalti e Daniño foi o mellor no cadro local. O cuarto é o Laxosa que sumou o seu segundo triunfo seguido ao derrotar nun choque con moitas ocasións ao Relámpago nun bo partido de Diego e con vitoria adicada a Jacob que foi pai. Volveu ao camiño da vitoria o Quiroga, xa que gañou ao FC Becerreá logo de catro derrotas consecutivas con Andrés e Gachan como xogadores máis sobranceiros.