Dicía Carlos Gardel nunha canción que vinte anos non son nada, pero cando pasan correndo detrás dun balón pola Veiga do Olmo a cousa cambia. A miña incorporación o mundo do fútbol foi tardía. Comecei a xogar aos dezaseis anos e de casualidade (cousa de miña nai). Iso si, vintedous anos despois ainda sigo gastando botas polos campos da provincia, e case coa mesma ilusión que cando comecei. E digo case, porque hai cousas que se van perdendo co paso do tempo aínda que un non queira.

Cunha traxectoria tan longa nun club tan pequeno acaboume tocando facer un pouco de todo. Xogador, adestrador, directivo e ata pintar o campo tamén. Rodeado sempre de xente marabillosa que fixo que ir a Veiga do Olmo cada semana de inverno fora e siga sendo un auténtico pracer.

Máis que alegrías deportivas, que algunha tiven: unha Copa Deputación e dous ascensos de categoría (a ver se esta ano me toca o terceiro); o que maior satisfacción me deu sempre e me sigue a dar e estar rodeado de compañeiros con maiúsculas, auténticos amigos cos que pasei intres inesquecibles ao longo destes máis de vinte anos (dentro do campo e fóra del os que máis). Uns marcharon e outros viñeron. Non quero nombrar a ninguén porque me esquecería de moitos, pero xa que teño a oportunidade quero darlles as grazas a todos os amigos que pasaron pola familia da S.D. Castroverde. Por ser tan caralludos, boa xente e ser partícipes de que o pobo de Castroverde siga contando a día de hoxe cun equipo de fútbol no que eu deixei tanto esforzo e dedicación.

Quero dicirlles tamén aos mozos talentosos que hoxe xogan comigo e me levan aguantando dende ben pequenos e dos que tan orgulloso estou (fun o seu adestrador de fútbol sala); que collan o meu relevo e que consigan levar a este equipo a categorías das que eu fun incapaz de levaloE como dicimos por aquí, CASTROVERDE QUE QUEREMOS: ¡URSULUTTTTT!!!!

 

Richard Huerta. Home de club

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*