#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Os onces da vixésimo cuarta xornada na Segunda

 

Nada cambia nos primeiros postos da clasificación en ningún dos grupos da Segunda Galicia. Burela e Friol seguen con paso firme na búsqueda do ascenso á Primeira Autonómica, acompañados nestes momentos por un Pol que non perde dende a chegada ao banco de Roberto Rielo e por un Chantada B que parece recuperar as sensacións que o fixeron líder na primeira volta.

O Burela sumou a décima vitoria consecutiva, desta volta na Marosa e con claridade diante do Meira. O conxunto da Mariña só recibiu un gol nos últimos seis partidos. Segundo é agora o Pol que derrotou pola mínima no duelo directo da xornada ao equipo que ocupaba esa praza, o Guitiriz. Aínda así, a igualdade segue sendo máxima xa que os dous equipos quedan empatados a puntos, xunto co Folgueiro que derrotou a domicilio ao Abadín. A dous puntos queda agora o Lourenzá logo de caer na súa visita a un Iberia que escapa dos postos de perigo. Na parte alta, tamén fallou o Cabreiros que non pasou do empate ante o Mondoñedo.

O Roupar supera na clasificación ao Cospeito (empatados a puntos) logo de derrotalo na súa casa nun encontro no que Esteban volveu tela puntería afinada e asinou un dobrete. Tamén medra cara arriba a Candelaria que venceu a domicilio a un Ourol que deu a cara. No partido pola parte baixa, o Alfoz alimenta as súas esperanzas de saír dos postos de descenso directo ao vencer ao Matela e reducir a distancia co cadro de Outeiro a só dous puntos.



No grupo sur, o Friol tamén segue o seu e conseguiu a cuarta vitoria consecutiva diante dun bo Portomarín. O equipo adestrado por Rafa Casanova non perde dende a última fin de semana de novembro. Séguelle o Chantada B, que se mantén en postos de ascenso por segunda semana seguida logo de derrotar no duelo de filiais ao Monterroso. A dous puntos, na persecución está o Chantada Atlético que tamén gañou; e con claridade ante o Sporting Lucense. Aínda con opcións segue o Oural que venceu na súa visita ao Palas; o San Lázaro a pesar de encaixar a súa segunda derrota  consecutiva (desta volta ante un gran Becerreá), despois da boa xeira de catorce encontros sen coñecela; e o Santa Comba que volveu ao camiño da vitoria ante o Antas.

 

Na zona media o Brollón sumou un punto que lle permite seguir distanciándose dos postos baixos ante unha Milagrosa que segue na zona baixa, pero que non sabe o que é perder nos últimos catro partidos. O duelo entre os dous equipos que ocupan os postos de descenso caeu do lado do Rubián que se aferra as súas posibilidades de salvación.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *