O partido da xornada...S.D. Pol - Guitiriz S.D.: batalla polo ascenso nun Manuel Luna infranqueable

Tan só restan sete encontros na Segunda Autonómica, polo que a partir de agora cada encontro é unha final na que cada equipo loitará sen cuartel polo seu obxectivo. E máis se cabe se hai enfrontamentos directos entre escadras que pelexan por un mismo fin.

É o caso da S.D. Pol e do Guitiriz S.D. que se verán as caras este domingo ás 16:30 horas nun Manuel Luna que no que vai de temporada non viu perder ao seu equipo. O equipo local, desde a chegada do novo adestrador, Roberto Rielo, non coñece a derrota, sumando dezaseis dos dezaoito últimos puntos. Grandes números que colocan ao Pol a tres puntos dos postos de ascenso, que precisamente ocupa o seu rival nesta xornada.

Unha das pezas claves do Pol é Jesús González Iglesias “Suso”, un xogador curtido en mil batallas en equipos como o Racing Vilalbés, Viveiro ou Castro no que disputou a pasada temporada en Terceira División. “Vexo esta categoría moi igualada, tal e como a clasificación indica. Desde a miña chegada non gañamos ningún encontro sen dificultade“, apunta o veterano xogador. Para él, acostumado a todo tipo de batallas “estes partidos son os bonitos de xogar, e calquer momento é bon para competir contra os mellores. Levamos unha boa racha de resultados, pero incluso contra Abadín ou Matela costounos moito gañar“. Do Guitiriz, Suso destaca “que xa o pasado ano estiveron a piques de subir, e este están a facer un temporadón. Non os coñezo en profundidade, pero a nivel individual Tanketín é un xogadorazo, dunha categoría superior“.

O Gutiriz S.D. é segundo clasificado a tres puntos do líder e cos mesmos de ventaxa sobre o Pol e o Folgueiro. Os de Delfín Romero, logo dunha primeira volta inmaculada, viron escapar o liderato ao colleitar tres derrotas consecutivas, pero agora tras dúas goleadas ante Roupar e Ourol e un axustado triunfo ante o Iberia voltan á unha dinámica positiva para afrontar o último e máis importante tramo de competición.

Tanketín suma quince goles e é peza clave na boa campaña do Guitiriz

Un xogador que este ano está a marcalas diferencias na categoría é Javier Ferreiro “Tanketín”, que ao igual que Suso, a pasada temporada xogou na Terceira co Castro. “Vexo unha Segunda Autonómica moi forte, con equipos como Pol, Burela, Lourenzá ou Folgueiro que non dan un punto por perdido ata o final. Outros anos calquera dos que estamos ahí arriba estaría case ascendido cun bo colchón de puntos, pero esta igualdade fai que o fútbol amateur sexa máis bonito“, apunta Tanketín. Para él o encontro contra o Guitiriz “afrontámolo como calquer outro, con ambición e ganas de seguir na pelexa polo ascenso, pero sen deixar de lado o noso obxectivo real que é disfrutar do fútbol. Despois dunha segunda volta irregular volvemos a unha boa dinámica, aínda que agora ao final cada encontro será complicado“. A primeira volta realizada polo Guitiriz foi clave según Tanketín para manterse nos postos altos “tiñamos unha boa diferencia de puntos que foron a clave para que hoxe podamos seguir na pelexa. Logo da primeira derrota ante o Meira tivemos varios encontros malos, que sen que sirva de excusa, acusamos as baixas por lesión ou sanción ao ser unha plantilla curta“. Do rival do domingo, Tanketín afirma que “o Pol é un rival complicado, xa o demostrou na primeira volta. Saben perfectamente a que xogan, tendo claro cales son as súas virtudes e defectos. Individualmente Carlos é a referencia ofensiva, leva quince goles e é un gran rematador e logo Suso, ex compañeiro meu o ano pasado apórtalles experiencia, forza, contundencia e sobre todo ganas de competilo todo“.

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER…

Preferente Norte

S.D. Outeiro de Rei – San Tirso S.D. (Domingo ás 17 h. na Fonte): Logo do triunfo no campo do Sofán, os de Juan Peón tentarán gañar para seguir soñando coa permanencia ante un rival directo, que tamén ocupa postos de descenso.

Polvorín S.D. – C.F. Dumbría (Domingo ás 19 h. na Cheda): o filial lucense, novo líder, buscará seguir coa súa racha triunfal ante un equipo en apuros como o Dumbría,  e acadalo sétimo triunfo consecutivo.

Facu, autor dos dous tantos da victoria ante o Arzúa

S.D. Residencia – C.S.D. Arzúa (Domingo ás 17 h. na Cheda): Complicado encontro para os de Meilán, que logo do meritorio punto logrado no Pepe Barrera, necesitan gañar para alonxarse dos postos de perigo. O Arzúa é sexto.

Primeira Autonómica

Sporting Pontenova – C.D. Foz (Domingo ás 17 h. na Mina): os pupilos de Dani Moirón logo de escapárselles os tres puntos en Bóveda, reciben ao líder intratable da categoría, que contará coas baixas importantes de Asier, Ibán Gayol e Javi Chinchón.

Andrés Bouza aportaralle ao Sporting a súa experiencia neste tramo final de temporada

S.D. Chantada – U.D. Pastoricense (Domingo ás 16:30 no Sangoñedo): os locales, invictos no seu campo desde a quinta xornada, buscan poder engancharse á loita polo ascenso, ante un Pastoricense que chega tras o importante triunfo no Acebreiro ante o Xove Lago.

Segunda Autonómica

Iberia C.F. – E.D. Lourenzá (Domingo ás 16:30 nas Valgas): os de San Miguel reciben ao terceiro clasificado, firme candidato ao ascenso, que chega tras unha golear ao Ourol, pero os de Nico, asentados na zona media quererán darlle unha alegría á súa fiel afección.

Partai, xunto con Marcos, un dos históricos do Iberia e do fútbol mariñán

Terceira Autonómica

– A.D Catro Roldas – O Incio Terra Brava C.F. (Domingo ás 16:30 na Canteira): os vilalbeses non poden permitirse máis traspés se queren chegar aos últimos encontros en postos de ascenso, mentras que o Incio pretende dar un paso de xigante de cara ao salto de categoría.

A Canteira deberá ser o fortín onde o Catro Roldas poda certificalo ascenso

C.D. Guntín – S.D. Paradela (Sábado ás 16:30 en Ladairo): interesante encontro entre un Guntín que chega tras golear ao Quiroga e o Paradela, que conta os seus encontros por victorias.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*