#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Os onces da oitava xornada na Segunda

Ningún dos dos dous líderes da Segunda Galicia conseguiu gañar no oitavo encontro da competición, aínda así o Guitiriz e o Chantada B mantéñense á fronte da clasificación. Non obstante, con menos vantaxe, xa que algún dos seus rivais aproveitaron para recurtar diferenzas.

No grupo norte, o Guitiriz empatou a dous goles na súa visitia ao Iberia nun partido con polémica. Esta situación aproveitouna o Pol que se coloca a un punto do líder ao vencer con claridade no duelo de veciños ao Meira. Tamén segue a súa escalada o Burela que volveu ao camiño da vitoria ante o Alfoz (3-1). Catro vitorias consecutivas suma xa o Lourenzá logo de marcar cinco goles na casa do Ourol. Tamén se engancha ao tren de cabeza o Cabreiros coa súa vitoria pola mínima ante o Abadín. No conxunto local, o lateral esquerdo Santi tivo que poñerse de porteiro na segunda metade por indisposición do gardamallas titular, Manu. Xunto co Ourol, a goleada da xornada tamén a encaixou o Cospeito na Fonte ante o Folgueiro que xa leva tres triunfos seguidos. Mondoñedo e Matela seguen sumando puntos despois de igualar a cero goles. E tamén un recén ascendido como o Roupar que venceu 2-0 a Candelaria.

 



No grupo sur, o Chantada B empatou na casa ante o Sporting Lucense (1-1) e segue líder porque o Oural tampouco pasou do empate na súa visita ao Rubián que suma cinco puntos. O máis beneficiado foi o Friol que se sitúa a dous puntos do líder despois de gañr ao San Lázaro por 2-1. Tamén desaproveitou a ocasión o Chantada Atlético ao empatar 2-2 na casa do Becerreá. Quen volveron o camiño da vitoria foron o Santa Comba ao vencer o Brollón (só con 14 xogadores e con dous lesionados no primeiro cuarto de hora de encontro, ademais de Esteban que participou con molestias na segunda parte) e os tres equipos da comarca da Ulloa na categoría; Palas, Monterroso B e Antas.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *