Os sobranceiros da Terceira na oitava xornada

Sen cambios á fronte da clasificación dos tres grupos da Terceira Galicia, despois de desputarse xa a primeira xornada da segunda volta. O Cervo, o Corgo e o Incio seguen mostrando a súa clara candidatura a estar na fase polo ascenso. Descansaron o filial do Friol e o Relámpago Taboada. Repasamos os máis sobranceiros nunha fin de semana de derbis e tamén de algún susto.

No grupo norte, o Cervo derrotou ao Muimenta nun encontró igualado no que o maior dominio do balón por parte dos locais e a gran actuación de Jardelon foron algunhas das chaves do choque. Segundo é o Catro Roldas que venceu con claridade a un Cazás que conseguiu empatar o partido despois de ir perdendo 0-2, pero non foi quen de parar a Marcos na segunda metade que anotou tres goles (catro en total). O Goiriz é o terceiro e gañou a un Celta Barreiros que se afasta dos postos que dan a opción de xogar  a fase de ascenso. O Rioaveso recuperou sensacións ante o Celeiro con tres goles de Cleno (máximo goleador da categoría, xunto con Djibi do Celta Barreiros) e un gran encontro do central Esteban Gil.

No grupo centro, o Corgo impúxose no derbi ante o Laxosa por 3-1, nun choque no que os visitantes se presentaron só con once futbolistas e acabaron con 9 pola expulsión de Jose Lage e a retirada obrigada de Jacob Rodríguez. Segundo é o Fonsagrada que suma xa catro vitorias consecutivas despois de derrotar por 0-1 ao Rábade. Mantense terceira a Comercial a pesar de levar xa dúas derrotas seguidas, desta volta caeu con claridade por 5-0 ante o Guntín.

No grupo sur, o Incio remotou para gañar por 1-2 ao Paradela que viña nunha boa dinámica. Ademais amplía a súa vantaxe, xa que no derbi soberino houbo táboas. O Sober adiantouse, pero o Río Sil conseguiu empatar na segunda metade. A sorpresa da xornada protagonizouna o FC Becerreá que conseguiu a súa primeira vitoria da temporada despois de derrotar 3-1 a un Quiroga no que Mavilo e Marcos foron os máis destacados.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 466

Deja un comentario