Despois dos resultados da sexta xornada, Guitiriz e Guntín mantéñense como líderes nos seus respectivos grupos da Segunda Rexional e os dous amplían diferenzas cos segundos clasificados. O Guitiriz no norte ten unha diferenza de tres puntos co Folgueiro (entra en postos de ascenso), mentras que o Guntín de dous co Palas (que tamén se fixo co segundo posto debido ao empate do Portomarín).
No grupo norte, o gran duelo entre os primeiros clasificados confirmou a boa xeira do Guitiriz que venceu pola mínima ao Xermade. O equipo guitiricense continúa gañando todos os seus partidos sen encaixar ningún gol; pola contra, o cadro adestrado por Rebolo perdeu o primeiro enfrontamento do curso. Agora é o Folgueiro quen ocupa o segundo lugar da clasificación, xa que sumou a súa quinta vitoria consecutiva ante un Roupar que aínda non perdera tampouco no que vai de campaña. Volve asomar a cabeza na parte alta o Cabreiros que, despois de dous partidos sen gañar, volveu ao camiño da vitoria ante o Abadín.
📝 Polo momento, @Adrii_diirk continuará como xogador/adestrador do #SDCervo. O equipo, mermado polas sancións, refórzase co regreso de Toni e Diego Rivas#DiarioDunMercado
— Futbolinlugo (@futbolinlugo) October 11, 2018
![]()
Tamén confirma o bo inicio de campaña o Goiriz que remontou o seu encontro ante o Cospeito a base de garra, logo de encaixar un gran gol marcado por Xoán. A entrada de Eladio, xunto coa profundidade de Lucho (curiosamente os dous autores dos goles), foron algunhas das chaves da remontada. O peor foi a lesión do mediocentro Álex Muñiz que tivo que deixar o partido no tramo final. Empatado a puntos co Goiriz atópase o Valadouro que igualou sen goles na súa saída ante o Iberia. Medran tamén na clasificación a Candelaria e a Comercial. O cadro adestrado por Luis venceu pola mínima ao Mondoñedo; mentres que o conxunto capitalino foi superior ao Cervo. Pola súa banda, o Lourenzá gañou por segunda xornada consecutiva ante un Meira que conseguiu un punto ata o momento.
No grupo sur, o Guntín segue encabezando a clasificación despois de logar o cuarto triunfo seguido, desta volta ante o Ferreira (que non perdera ningún encontro ). Avantaxa en dous puntos ao Palas que volve a postos de ascenso directo ao vencer con moita claridade ao Becerreá. O conxunto da Ulloa aproveitou o empate do Portomarín para superalo na táboa, xa que o cadro adestrado por Sousa igualou a dous goles na súa saída ao campo do San Lázaro logo de afrontar o encontro con cinco baixas de peso. Quen tamén gañou na capital foi o Chantada B pola mínima ante un Sporting Lucense que xunto co Monterroso B ocupan postos de descenso sen conseguir ningunha vitoria ata o momento.
Na zona media seguen o Bóveda e o Brollón que empataron sen goles no seu duelo. De mérito foi a vitoria do Corgo ante o San Roque (o outro equipo da categoría que tampouco perdera ata o momento). Por abaixo tamén conseguiron triunfos importantes o Incio ante o filial do Monterroso B e do Oural ante o Santa Comba. A pesar da vitoria, a directiva do Incio decidiu prescindir do tándem formado por Raúl Leizán e Jessi e posibilitar a chegada de Pedro Castro «Monarca» como adestrador. Os dous preparadores que conseguiron o ascenso o ano pasado teñen oferta enriba da mesa para seguir como xogadores segundo nos comunican dende o club.