Os nosos veteráns!

Adultos de diferentes idades, traballadores en distintos oficios, pero todos eles están unidos por una auténtica paixón común, o fútbol! Hoxe, facemos un repaso dunha categoría un tanto esquecida, pero cuxas publicacións iremos aumentando paseniño. Son aqueles que non xogan máis que por diversión, por pasar un rato cos colegas, a pesar de que para eso teñan que soportar temporais como o desta pasada fin de semana. Afeccionados que disfrutan con cada minuto sobre o terreo de xogo, xuntanzas de amigos que o dan todo por gardar un bo recordo do que disfrutar durante a semana laboral… son os veteráns!!!!!!!

Contamos con tres ligas diferentes de veteráns nas que compiten equipos lucenses, diferenciando nelas dúas categorías. A primeira é a coñecida como Primeira Galicia, diferenciando nela a Primeira local e a Primeira provincial.

Imaxe: Páxina oficial Sagrado Corazón.

Na 1ª local o líder é un clube clásico do fútbol veterán da cidade de Lugo, o Sagrado Corazón, con 11 puntos de vantaxe sobre o segundo e o terceiro, Restaurante O Picato e Pastoricense, respectivamente. O Peñarol sigue de preto a estes dous conxuntos, cunha diferencia de tan só dous puntos con eles.

Imaxe: El Progreso.

Na 1ª provincial, como o seu nome ben indica, compiten equipos de toda a provincia. Neste caso, a clasificación e dominada por un gran Pol, equipo que avantaxa en 5 puntos ao segundo clasificado, o Atético Illán. O Trasnos é terceiro a tan só dous puntos do Illán, e os cuarto na táboa clasificatoria son os Veteráns de Sarria, 4 puntos por debaixo dos terceiros.

Imaxe: Veteranos CF Friol.

A esta categoría súmase outra, a Segunda Galicia, na que só contamos cunha liga na que participen os nosos lucenses, a Segunda provincial. Esta competición está moi apretada, xa que o líder, o Friol, só está a 1 punto do segundo, A Canteira, e a 2 do terceiro, o Santaballés. Este tres clubes son perseguidos polo Albense, que a pesar de ser cuarto, está a somentes 4 puntos do Friol.

Desde Futbolinlugo continuaremos ampliando a información referente a estes grandes homes e demais clubes do fútbol veterán que, sen dúbida, merecen un amplio recoñecemento.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario