#Sin categoría

Moitas vitorias visitantes nos Máxicos da xornada 4

Os Máxicos da Primeira Futgal disputaron unha cuarta xornada chea de emoción. Contámola, unha vez máis, da man de Salvatierra Abogados.

O filial do Racing Villalbés vence a un bo Lourenzá (0-1). O vento condicionou unha primeira metade na que ambos conxuntos procuraron evitar erros. Porén, no segundo tempo, os de Iván Lamas deron un paso adiante e Gabri foi quen de anotar un penalti que el mesmo provocara. Tras o 0-1, o dominio seguiu sendo dos chairegos, pero Clemente mantivo con vida aos seus, que puideron conseguir o empate con transicións, pero finalmente o marcador non se movería.

A Residencia vence na casa do Guntín (1-3). Unha gran versión da Residencia anulou ao cadro local, que non se atopou cómodo en ningunha fase do xogo. O dominio visitante traduciuse no 0-1 antes do descanso e, no segundo tempo, os máxicos branquiazuis fixeron méritos para anotar dous tantos máis. Xa no engadido, o Guntín puxo o 1-3 para maquillar o resultado diante dunha Resi moi prometedora.

O Chantada Atlético imponse na casa do Pastoricense (1-2). Partido pechado no Acebreiro, con poucas alternativas para ambos conxuntos. Porén, os visitantes fixeron o 0-1 no primeiro minuto de xogo e, aínda que os máxicos locais reaccionaron ben e empataron pouco despois, o choque entrou nunha dinámica de inestabilidade. Foi tras a reanudación cando un erro individual se traduciu no 1-2 que se tornaría definitivo pese a que o Pastoricense tivo algunha situación clara e o Chantada Atlético puido sentenciar ao contragolpe.



O Burela remonta diante do Outeiro de Rei (1-2). Os chairegos adiantáronse cun balón parado preto do descanso logo dun primeiro tempo moi pechado. Xa na segunda metade, o choque se tornou máis vistoso, con opcións para ambos conxuntos, e o Burela soubo beneficiarse da situación. Jairo Campo empatou a contenda e forzou un penalti que supuxo o 1-2. Antes do segundo gol visitante, os Máxicos locais dispuxeran dun man a man que non aproveitaron.

Os máxicos do monterroso acadan o seu primeiro triunfo

O San Lázaro e o Santaballés empatan en 10′ tolos (2-2). Logo de 60 minutos nos que apenas houbo ocasións, o San Lázaro deu un paso adiante e foi quen de anotar dous goles en 5′ para poñerse por diante no marcador. Os chairegos, porén, reaccionaron rápido e puxeron un 2-1 que lles permitiu soñar coa igualada. De feito, o definitivo empate chegou tan só 5′ despois. Os restantes 20′ transcurriron con moito recelo por parte de ambos conxuntos, que non quixeron perder un punto moi sufrido.

Foz e Oural asinan táboas no Martínez Otero (1-1). Dentro da igualdade que protagonizou o choque, os mariñáns foron máis incisivos ao longo do primeiro tempo e conseguiron anotar o 1-0 logo dunha xogada que partiu dun saque de banda. Na segunda metade, o Oural adiantou as súas liñas e buscou o gol con insistencia, ata que un saque de banda longo traduciuse no 1-1. Co empate, tanto o Foz como o Oural gozaron de opcións claras para anotar, pero o marcador non se moveu.



Dous titáns da categoría empatan no Sangoñedo (1-1). A SD Chantada adiantouse cun golazo de Manu de falta directa, pero dous minutos despois Adrián Román puxo o 1-1 logo dun saque de esquina. Tras o empate, os máxicos locais dominaron o primeiro tempo, mentres que o Castro aguantou o dominio posicional local. Xa na segunda metade, o choque abriuse e ambos conxuntos gozaron de oportunidades. Moncho detivo un lanzamento visitante moi claro, mentres que a SD estrelou un balón no longueiro.

O Monterroso remonta e supera ao Xove (4-2). Marcou primeiro o cadro mariñán, pero os de Cerdeiriños estaban convencidos de acadar a primeira victoria da temporada. Así, logo de empatar (1-1) e de encaixar o 1-2, Lorenzo liderou aos seus para igualar o marcador e inclinalo a prol dos de Fernandito cun hat-trick. O Xove buscou recurtar diferenzas, pero os puntos quedaron na casa.

Meira e Taboada non pasan do empate na Lomba (2-2). O duelo estivo marcado pola intensidade mostrada no terreo de xogo. Alonso anotou un golazo no primeiro tempo e Mateo Gorgoso puxo o 2-0. Porén, os visitantes non se viñeron abaixo e conseguiron igualar a contenda na recta final con dous goles de Gabri. Nos últimos intres, o Meira desperdiciou un libre indirecto dentro da área logo dun choque con moita polémica e que se saldou coa lesión de Migui.

Primeiro punto dunha Milagrosa que mereceu máis (1-1). Un dos máxicos da semana, Rafa, puxo o 1-0 diante dun Domaio que se viu superado pola intensidade lucense. Tras o gol, os capitalinos seguiron dominando o xogo e perdonaron ocasións claras que se puideron ter traducido nunha vantaxe maior. Ao final, os de Madriles pagaron a falta de acerto e os pontevedreses conseguiron empatar cunha pena máxima preto do final do choque.

máxicos



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *