Este domingo xogouse a penúltima xornada en cadanseu grupo da Terceira Rexional. Trouxo dous ascensos: o do Mondoñedo e o do Palas.
O Mondoñedo dependía de si mesmo e gañou no duelo directo co Rioaveso. O Palas venceu no derbi co Monterroso B en Cerdeiriños e beneficiouse da derrota do Incio co Sober. O cadro soberino remontou no tempo extra o resultado.
Ademais na zona norte, o Abadín asegurou posto de play off. O duelo directo entre o Catro Roldas e o Nausti fai posible que teñan asegurada esa participación. Falta por saber que posto ocuparán.
Na próxima finde catro equipos do norte xogaranse dous postos de fase de ascenso. Todas as casuísticas posibles comentarémolas o próximo venres no #TresEnRaia.


Na zona sur, o Quiroga e o Incio xogaranse a praza de ascenso na última xornada. Iso si, con vantaxe para o cadro quirogués ao que lle chegaría un empate na última xornada (ten o gol average a favor).
O Páramo asegurou a súa participación tamén na promoción de ascenso. Só queda unha praza en xogo pola que pelexarán o Sober e o Santa Comba. Vantaxe para o cadro soberino que depende de si mesmo.
CLASIFICACIÓN norte:
1º Racing B 45 pts. (CAMPIÓN)

2° Mondoñedo 40 pts. (ASCENDIDO)
3° Rioaveso 33 pts. (equipo de play off)
4º Abadín 29 pts (equipo de play off)
5° Celeiro 29 pts (descansa na última xornada)
6° Catro Roldas 27 pts. (xoga duelo directo co Nausti)

7° Nausti 27 pts (xoga duelo directo co Catro Roldas)
8° Friol B 27 pts. (xoga co Rioaveso)
clasificación sur:
1° Palas 47 pts. (ASCENDIDO)
2° Quiroga 45 pts. (depende de si para ascender: xoga co Rubián)
3° Incio 43 pts. (ten que gañar ao Taboada B e esperar)
4º Rubián 39 pts. (ten asegurado o play off, pero non a 4ª praza)
5º Páramo 36 pts. (ten asegurado o play off e aínda podería ser 4º)
6° Sober 31 pts. (depende de si; xoga co Relámpago)
7° Santa Comba 29 pts (con opcións ata o final, xoga co Páramo)