Once da Xornada 28 na Primeira Galicia

A Residencia xa é novo equipo da Preferente Galicia. Os de Álvaro Meilán non fallaron a primeira bóla de partido e firmaron o ascenso na Medela. Róber, mítico lateral convertido a dianteiro nesta vez, fixo o primeiro. Dieguito desatou a festa ca sentenza no minuto 90. Hai unhas xornadas o Outeiro semellaba o claro acompañante dos da Cheda, porén agora hai outro equipo que tamén depende de sí mesmo. Os de Peón caeron na casa ante o Bóveda e o Monterroso foi o gran beneficiado da xornada. Un gran Marcos Macía liderou aos monfortinos. No bando contrario, Veiga era o seu xogador máis destacado. Pero cando as cousas non saen, non saen. E o xoven xogador azulón tivo que abandonar o terreo de xogo antes do descanso por lesión.

Como dicía, as alegrías viaxaron esta vez ata A Ulloa. O cadro de Adrián Vázquez colócase a tres puntos do Outeiro grazas á súa victoria no derbi ante o Chantada B. Óscar Mendez xa fai goles en Cerdeiriños. E moito ollo, porque este home sempre marca nos momentos da verdade. Por se fóra pouco, os seus veciños do Antas axudaron cun triunfo ante o Riotorto nun encontro moi condicionado polo vento. Méndez mandou no centro de campo e axudou e moito a esta victoria fundamental para os de Manuel Mourelos.

Outro dos aspirantes que perdeu foi o Pastoricense. Nin a gran actuación de Casillas puido evitar a derrota ante un gran Xove Lago, que se encomendou a Guijarro na medular. Seguimos na Mariña, onde o Foz tamén se foi de vacío. Por culpa do de sempre: Borja Mella. Dous goles máis, un deles espectacular, para decidir o derbi. No outro duelo comarcal entre Burela e Valadouro, táboas. Jairo foi o mellor dos visitantes e Cora destacou nos do Árbol.

Ademais, o Santaballés recuperou sensacións cunha goleada ante o Páramo.  Doblete do ‘Apache’ Vérez incluido. Por último, nun enfrontamento clave pola permanencia; o Chantada Atlético feriu case de morte á Milagrosa. Un solitario tanto de Erik silenciou a Frigsa. Os de Manolo Couso complícanse a salvación e poderían firmar o seu segundo descenso consecutivo de categoría.

 

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario