#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Once da xornada 24 na Preferente Galicia

Os equipos lucenses da zona alta non se renden e conseguiron bos resultados na vixésimo cuarta xornada da Preferente. De aí que conten cunha importante presenza no once ideal desta fin de semana. O Lugo B regresa semanas despois aos ansiados postos de promoción de ascenso coa súa vitoria por 1-4 no Saviñao ante o Escairón. Óscar Rivas, Marcos e Cuadrado foron algúns dos máis destacados do equipo de José Durán que se coloca a tres puntos dos postos de ascenso directo. En parte, pola axuda que lle botou o Ribadeo que foi quen de superar no Pepe Barrera o segundo clasificado, o Estudiantil, nun contundente 3-0 no que Juanma, Luki (con dous goles) e Rafa Casanova (que repite no once ideal por segunda semana consecutiva) guiaron o conxunto da Mariña Oriental. O Ribadeo está agora a seis puntos do Lugo B na clasificación.

Rafa Casanova repite no once por segunda vez consecutiva

Entre os dous, atópase o Viveiro que sacou un importante empate ante outro dos grandes da categoría, o Paiosaco. Diego Chis e Álex Meitín foron os máis sobranceiros dun partido no que os visitantes se puxeron por diante, pero non foron quen de evitar a igualada. Tamén conseguiu un triunfo chave o Chantada, iso sí, á costa doutro lucense, a Sarriana. O club chantadino venceu por 2-0 nun partido serio que os deixa con cinco puntos de marxe sobre o descenso. O porteiro Ferre, o lateral Álex Ratón e o dianteiro César estiveron moi acertados durante todo o encontro. Mentras tanto, a Sarriana segue na zona de perigo, a seis puntos nestes momentos da salvación. Tampouco tivo o seu día o Lemos que viaxou en cadro para enfrontarse ó Arteixo e caeu derrotado por 7-1. O equipo de Monforte mantén unha distancia de sete puntos co descenso.

Once da xornada 24 na Preferente Galicia

Os líderes da base.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *