O torneo internacional de fútbol veterán «Vila de Ribadeo» chega á décimoterceira edición

Poucos fins de semana se pode ver tanto ambiente nas rúas de Ribadeo como o do torneo de fútbol veterán. E é que o «Vila de Ribadeo» xa chega á súa décimoterciera edición, sendo un referente a nivel galego e estatal. Dos 42 equipos en liza, tan só 7 chegan da xeografía lucense, polo que unha ampla maioría de xogadores aproveitan para, ademáis de disputalo torneo, pasar un fin de semana en Ribadeo e na Mariña Lucense. Cabe destacar que é a primeira vez que participan clubes das catro provincias galegas.

O Torneo é organizado e impulsado por Victor Manuel Pérez Quintana «Caridad» da Agrupación de Veteranos de Ribadeo, e dispútase o sábado 26 e domingo 27  nos seguintes estadios: Pepe Barrera de Ribadeo, Campo de Outeiro (A Devesa), Trenor (Barres), As Valgas (San Miguel), Cascabeiro (San Cosme) e A Xungueira (Tapia).

O campión da pasada edición foi o Veteranos Velarde, chegados desde Maliaño en Cantabria, que derrotou nos penaltis ao Centro Asturiano de Oviedo. Ámbolos dous conxuntos repiten participación e serán dous dos rivais a batir tamén nesta edición de 2018. Cabe destacar a presencia de dous equipos británicos (London Turkish Masters FC e Team Veterans FC), un belga (Vlug Vooruit) e un portugués (Veteranos Ginasio Clube Corroios), así como dun conxunto canario (Led Be Happy FC), e unha ampla representación asturiana, castelán leonesa e como non do resto de Galicia. Desta volta, malia estar confirmados nun principio non poideron acudir tres equipos do continente africano.

Os membros Team Veterans británico xa son uns clásicos do torneo ribadense. Foto: Facebook Victor Quintana «Caridad»

O torneo estará composto por catorce grupos de tres equipos cada un, clasificándose o primeiro de cada un deles e os dous mellores segundos. Os grupos son os seguintes:

Grupo A: Llanes (Asturias), Merendero Marín (Pontevedra) e Led Be Happy (Canarias).

Grupo B: Normalit (Asturias), Unión Clube Cee (A Coruña) e Las Rozas (Madrid).

Grupo C: Luarca (Asturias), Portonovo (Pontevedra) e Team Veterans (Reino Unido).

Grupo D: Treviense (Asturias), Cerna e Ingeniería (Lugo) e London Turkish Masters (Reino Unido).

Grupo E: Veternanos del Miranda (Asturias), Veteranos Velarde (Cantabria) e Vlug Vooruit (Bélxica).

Grupo F: Lealtad (Asturias), Peña Veteranos Unión Club (Cantabria) e Veteranos Clube Corroios (Portugal).

Grupo G: Abogados Oviedo (Asturias), Veteranos Barreiros (Lugo) e La Bañeza (León).

Grupo H: Hispano de Castrillón (Asturias), Residencia (Lugo) e Trespaderne (Burgos).

Grupo I: Colegio Inmaculada (Asturias), Sporting Cambre (Coruña) e Hullera León (León).

Grupo J: Turón (Asturias), Foz (Lugo), Juristas de León (León)

Grupo K: Centro Asturiano de Oviedo (Asturias), Burela (Lugo) e Arenas de Vega (León).

Grupo L: Cudillero (Asturias), Veteranos Bucéfalo (Ourense) e Veteranos Villalpando (León).

Grupo M: Tapia (Asturias), Enxebre Rabadense (Lugo) e Celadilla Transgonal (León).

Grupo N: Villa de Pravia (Asturias), Pastoricense (Lugo ) e Juventud León Veteranos (León).

Os horarios dos encontros e os cruces das eliminatorias son os seguintes:

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 500

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.