O Sober celebra o seu ascenso

O Sober acada o seu ansiado ascenso

O Sober conseguiu ascender á Segunda Futgal tras gañar nos últimos dez minutos ao Taboada B por 1-3. Un encontro de alta tensión que non foi ata o minuto 82 onde Sergio actuou coma heroe para lograr un soño que durante varios anos perseguiron e que por fin se converteu nunha realidade. Nunha Terceira Futgal moi complexa, o Sober puido saborear un ascenso no que a vila da Ribeira Sacra se volcou co equipo con moitos afeccionados en Taboada e cunha gran celebración.

Anos de loita para o Sober

O encontro que certificou o ascenso para o Sober foi coma os últimos anos, unha loita con moito sufrimento. Ibán Lagoa, adestrador do clube, afirma que «ata o oitenta necesitabamos un gol e apretamos para conseguilo, o que nos levou a meter dous. Soubo moito mellor, pero si que a algún pódelle dar un infarto con este tipo de encontros». Tamén destaca que «tiñamos connosco aos pantasmas do pasado e por fin puidemos facer xustiza«.

O Sober foi un dos equipos co que o fútbol foi máis cruento nos últimos anos. «O ano pasado foi por uns minutos, outros anos tamén en play off ou quedando segundos cando inda non se ascendía e tiñas que acceder a unha fase de ascenso«, sinala Lagoa. Dende a 2016-2017 o cadro non disputa a Segunda Futgal, categoría á que voltaran na próxima tempada. Todo cun bloque que resistiu a todas as inclemencias dos últimos anos para obter a promoción.

Unha festa dende Taboada

O Sober tivo un día perfecto no que se viu arroupado pola súa afección. Familiares, amigos e afeccionados viaxaron co equipo no autobús e outra parte deles desprazáronse en coche para estar con eles. Para Ibán Lagoa «foi moi especial por todo o apoio que tivemos e a verdade é que falta nos fixo». Ao remate do encontro a festa trasladouse do campo ao autobús ata chegar a Sober, onde os xogadores deron unha rúa en camión e colgaron camisetas no Concello.



Mais os ollos do clube inda non están no que será a vindeira campaña, senón que inciden na importancia que lle queren outorgar á copa que se disputa entre os equipos que non xogan a promoción. Ibán Lagoa afirma que «queremos gañar a competición e a partir da semana que vén comezaremos a traballar para preparala». Sobre a Segunda Futgal, o adestrador apunta que «por sorte temos moito tempo para mirar hacia ao que imos a facer o ano que vén. Agora é tempo de continuar o noso traballo para gañar un título».



O Sober acada o seu ansiado ascenso

A SD Chantada volve á senda da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *