#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Noia – Sarriana: noventa minutos para facer historia

A última xornada da temporada xa está aquí. E chega cun prato forte para o fútbol lucense. A Sarriana ten a posibilidade de rematar o fin de semana cun ascenso a Terceira que sería histórico e outorgaríalle aos sarriaos o pase á competición nacional por primeira vez. Para iso terá que gañar no campo de San Lázaro – Julio Mato, o domingo ás 18:30 horas, ao xa ascendido Noia e agardar o resultado do que aconteza no encontro entre o Sofán e o Boiro, os outros dous conxuntos implicados. O encontro será arbitrado polo colexiado pontevedrés Quintáns Domínguez.

A segunda fase está a ser un continuo desafío para a Sarriana. A súa brevidade, xunto co mal comezo do cadro lucense presaxiaba unha derradeira xornada de puro trámite. A derrota diante do Montañeros e o empate na Ribela co Sofán precipitaron a saída de Charly do banquiño. A chegada de Jaime Paz coincidiu coa gran reválida para a Sarriana. Foi diante do Boiro, encontro que lograron remontar con goles de Gerardo e Luis Díaz, este último cando o encontro xa esmorecía. Este triunfo impediu o ascenso dos barbanzáns e posibilitou que a Sarriana chegue á última xornada con posibilidades reais de ascenso.

A clasificación antes da disputa dos encontros decisivos está da seguinte maneira:



1- Noia: 12 puntos

2. Boiro: 7 puntos

3. Sarriana: 7 puntos



4. Sofán: 7 puntos

5. Montañeros: 4 puntos

6. Lemos: 1 punto

Malia a vencer no duelo directo diante do Boiro, as directrices federativas indican que se debe ter en conta en primeiro lugar o golaverage xeral. A Sarriana ten a obriga de gañar. Se non o fai non logrará o ascenso. Un triunfo dos lucenses daríalles o ascenso sempre que:



– Se gaña o Boiro o faga por dous goles menos que a Sarriana.

– Se gaña o Sofán, que sexa por menos diferencia que a Sarriana.

No caso de que exista empate no golaverage xeral, teríanse en conta os goles a favor. Se o empate persiste miraríase neste caso o golaverage particular. Pode darse o caso de que, no caso de que Sarriana e Sofán gañen sexa necesario disputar un encontro de desempate.

O certo é que o encontro para os lucenses non será doado. O Noia conta os seus encontros da segunda fase por vitorias, sendo quen de anotar sete goles e mantivo a súa portería a cero. O conxunto adestrado por Iván Carril conseguiu o ascenso a pasada xornada e regresa a Terceira tres temporadas despois.

O último encontro entre Noia e Sarriana no campo de San Lázaro data do 4 de novembro de 2018 e rematou con triunfo local por un tanto a cero. O único tanto do partido foi anotado por Stefan.

Falamos do encontro cun dos cerebros da Sarriana, o lucense Keko Vilariño, que se perderá o encontro logo da expulsión sufrida diante do Boiro.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

KEKO VILARIÑO (SD SARRIANA)

 – O Noia. «Afrontamos o encontro con moita ilusión e con moitas gañas de agradar e facer un bo partido. É unha mágoa que non poda participar polo dobre cartón amarelo da pasada xornada diante do Boiro, pero estarei na grada animando como o que máis. Son o mellor equipo da categoría, tal e como reflexan os seus número e iso hai que telo en conta».

– Facer historia. «Tanto para min como para a comarca de Sarria sería un fito histórico. O club nunca chegou a estar en Terceira e a xente en Sarria está moi ilusionada con que podamos acadar ese ascenso. Ogallá o domingo o logremos e darlle unha alegría á afección».

 – Cambio de timón. «En tan pouco tempo é complicado poder cambiar cousas. Sobre todo, Jaime intentou transmitirnos a súa confianza a todos desde que chegou e tamén un pouco de tranquilidade á hora de xogar, que é posible que fora o que nos estaba faltando nos últimos encontros. Nunha fase de ascenso tendes a xogar acelerado, pero él logrou darnos ese acougo».

A AXENDA DO FÚTBOL LUCENSE

 Fase final Primeira División Feminina

 – C.D. Lugo – S.D. Antas (Sábado ás 12:30 horas na Cheda): derbi lucense na semifinal polo ascenso a Primeira Nacional, polo que un conxunto da nosa provincia xogará a gran final. Villestro ou Atlántida Matamá serán os seus rivais.

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Noia – Sarriana: noventa minutos para facer historia

A tempada dos lucenses na Terceira acaba

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Noia – Sarriana: noventa minutos para facer historia

Diario dun Mercado. Episodio 204

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *