Á terceira vai a vencida. O Polvorín, logo de ter que adiar as dúas primeiras xornadas ligueiras por mor de varios positivos en Covid-19, está en disposición de competir. O debut do conxunto lucense será o domingo ás 16:30 horas na Cheda, no derbi provincial que o enfrontará ao Viveiro, flamante líder do grupo A de Terceira. O encontro será dirixido por Rubén Extremadura Hernández.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/IMG_0957-224x300.jpg)
O derbi servirá de posta de longo do novo proxecto do filial albivermello. O malacitano Álex Ortiz, que sustitúe no banquiño a José Durán, será o adestrador dun conxunto que perdeu varios dos seus puntais. Xogadores como Matías Vesprini, Varo, Juan Brunet, Álex Rey, Chiqui ou Rayco cambiaron de aires. Para sustituílos o clube apostou por varios xuvenís como Álex Fidalgo, Jesús Gabarre ou David Guitián, así como as fichaxes de xogadores contratastados como o ex fabrilista Iago Novo. Ademáis, Antón Escobar retorna á entidade logo da rematar a pasada temporada cedido no Coruxo. Xogadores como Dani Vidal, Quindimil ou Morais, xa con minutos no primeiro equipo en competición oficial gañarán serán transcendentais no conxunto filial.
Enfronte estará o Viveiro. Lonxe de amilanarse, logo dun amplo periodo sen xogar en terceira, o conxunto mariñán comezou da mellor forma posible. Dous encontros e dous triunfos. No debut en Cantarrana, os de Chusky foron moi superirores ao Estudiantil, e o pasado fin de semana souberon adaptarse ás dificultades e dobregaron, con remontada incluída, ao Fisterra no Ara Solis. O excelente momento de forma de Javi Rey, así como o acerto nas fichaxes, son parte da clave do gran comezo dun Viveiro que apostou pola continuidade da ampla maioría do seu cadro de xogadores no ano do seu retorno á categoría.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/IMG_2492-217x300.jpg)
O último enfrontamento entre Polvorín e Viveiro data do 1 de outubro do 2017, en Preferente. O resultado daquela foi favorable ao filial do C.D. Lugo por 4-2. Cuadrado, por partida doble, Coqui e Denis anotaron para os lucenses, mentres que Jon Erik e Roi marcaron para os mariñáns.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Falamos do encontro con dous vellos coñecidos: Manu Núñez (Polvorín) e Pablo Rey (Viveiro), que volve á que foi a súa casa as últimas temporadas.
QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?
MANU NÚÑEZ (POLVORÍN)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
– O ansiado debut. «Chegamos con moitas gañas. É moito tempo sen xogar, máis de sete meses . . . E agora non poder comezar foi un pao, pero agora xa estamos todos ben e por sorte este domingo xa botamos a andar. Xogamos algún amigable de pretemporada, pero non é o mesmo. Bótabase moito de menos a competición«.
– O novo míster. «As sensacións son moi boas. Estamos moi contentos de como foron os adestramentos e os amigables de pretemporada. Expúxonos as súas ideas e son moi acordes cos xogadores que formamos parte do equipo, o que redunda nun beneficio mútuo«.
– O Viveiro. «Será un partido moi competido, un derbi que a todos nos gusta xogar, e máis se fai tanto tempo que no competimos. Coñecemos ben ao rival, conta con grandes xogadores e chega nunha gran dinámica de xogo e resultados, que xa se remonta á temporada pasada na que obtiveron o ascenso. É un equipo acostumado a gañar. O que máis acerte nas áreas será o que leve os tres puntos«.
PABLO REY (VIVEIRO)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
– O reencontro. «Será un encontro moi especial e un pouco raro á vez. Foron moitos anos vestindo a camiseta do Lugo e xogando con compañeiros que a día de hoxe xa son amigos moitos deles. Estou con moitas gañas e que chegue o domingo«.
– O bo comezo. «A verdade é que non poidemos comezar de mellor forma. Tiña plena confianza no equipo de que podiamos gañar estes partidos e así foi. A concentración e a gran intensidade coa que saímos aos partidos puideron ser claves. Concedemos poucas ocasións aos rivais e estivemos acercados cara a gol. Os xogadores que saíron desde o banco tamén aportaron moito, e iso este ano será clave ao poder facer cinco trocos«.
– O Polvorín. «Agardo un encontro con bastante ritmo de balón, xogo combinativo e moita intensidade. A verdade é que este ano non puiden ver ningún encontro de pretemporada do Polvorín e este será o seu primeiro de liga, polo que non podo facer unha gran valoración. Apostaron por un cadro de xogadores máis curto e xoven que o de anos anteriores e creo que por outro sistema de xogo«.