Palabra de... Rafa Casanova: "O sacrificio"

 

Compaxino o meu traballo con ser adestrador e presidente do CF Friol e xogador do Ribadeo, da Preferente Norte. Hai momentos nos que acaba a semana e estou farto de tanto fútbol, pero cando quero desconectar… xa hai que volver a adestrar.

De momento, as cousas van ben nos dous sitios e, cando é así, sempre se leva mellor e con máis ánimo, pero en todas as campañas hai baches e momentos nos que se pasa peor. Quizais o de estar tan ocupado ten o seu peor lado en que estás lonxe dos teus, e que a veces pagas con eles cousas das que non teñen culpa, e tamén acabas a temporada un pouco farto do fútbol.

O CF Friol atópase na parte alta da clasificación da Segunda Galicia.

Persoalmente, entre as miñas funcións, o que peor levo é presidir, xa que tes que andar facendo socios, colaboradores… e poñer sempre a cara, ou pedir favores, non é do meu agrado. Onde máis sufro, por outra banda, é adestrando. Eu son bastante nervioso e sempre busco -ou intento- que os xogadores den o seu máximo, sen pensar que son xogadores afeccioados. Porén, gústame moito e teño a sorte de adestrar a un grandísimo grupo.

O aspecto que máis desfruto é xogar. Levo toda a vida xogando a este deporte e non me canso, aínda que estea chegando a hora de deixalo. Os anos van pasando, pero de momento continúo intentando dar guerra!

Así é a miña vida: deportiva e un pouco saturada pero estou orgulloso e contento co que fago, e sempre estou intentando mellorar!!!

Rafa Casanova: Xogador do Ribadeo FC e adestrador e presidente do CF Friol.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*