#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O Meira, único que fai pleno no primeiro mes na Segunda

Catro xornadas, un mes de competición é o que vai gastado na Segunda Rexional. Por primeira vez no curso, o Meira queda só no máis alto da zona norte logo do empate do Roupar. Polo momento, igualdade é moito maior no sur. Catro equipos empatan a puntos nos primeiros postos.

Na zona norte, o Meira é o único equipo que queda con pleno de vitorias. Os pupilos preparados por Ramón Labrada levan catro de catro e son líderes en solitario con doce puntos. Na última xornada superaron ao Goiriz no Ventiño.

Polo resultado pode parecer que foi un partido cómodo (0-4) e o certo é que o Meira foi superior. Non obstante, o marcador puido trocar xa no comezo. Xabi detivo un penalti a favor do Goiriz. Posteriormente si serían os visitantes quen marcarían dende os once metros. Seixosmil non fallou a súa cita co gol e Farra anotou o primeiro dobrete do curso.

Na segunda posición queda agora o Roupar. O cadro verde mantense invicto (con dez puntos) pero non superou ao Castro B, que suma o primeiro punto da campaña. O encontro foi moi desputado pero ningún conseguiu batir a portería rival.



Un amplo grupo de equipos móvese agora nos sete puntos. Todos eles tendo unha derrota nas xornadas que van. Precisamente están igualados na clasificación o Iberia e o Muimenta que se enfrontaron a pasada finde no Pichón.

Antes do primeiro terzo de encontro, o Muimenta quedou cun futbolista menos por expulsión. Os visitantes adiantáronse e marcharon con vantaxe ao descanso. Nada máis volver dos vestiarios, un bo gol de Miguel supuxo a igualada no marcador.

Ao pouco, o Iberia conseguiu marcar o segundo, pero de penalti os locais lograron empatar. Tentárono con máis insistencia ao final os pupilos preparados por José Manuel pero os da casa deron termado o resultado obtendo un valioso punto.



O Alfoz tamén suma sete puntos ao non pasar do empate na casa ante o Fonsagrada. Os locais comezaron gañando cun gol de Ayoub que volveu poñer a súa calidade ao servizo do equipo. Os visitantes non se cohibiron e lograron impoñerse por momentos conseguindo o empate. Ambos conxuntos gozaron de máis ocasións.

Quen tamén teñen sete puntos pero despois de cadansúa vitoria son o Folgueiro e o Cabreiros. O conxunto do Vicedo impúxose na casa ante a Candelaria. Os locais entraron mellor no partido poñéndose por diante e, incluso, fallando un penalti. Aínda así, os da Rúa refixéronse e lograron equilibrar o marcador.

Durante o segundo tempo houbo ocasións para ambos, pero foron os pupilos preparador por Manuel Vicente quen tiveron máis acerto nos intres finais para sumar de tres.

Pola súa banda, o Cabreiros venceu pola mínima ao Celta Barreiros. Enfrontáronse na Acea probablemente os dous equipos do grupo que chegaron máis xustos ao inicio de liga por diversas circunstancias. O conxunto da Mariña segue pagando cara a súa falta de acerto de cara o gol. Non obstante, a pesar do seu difícil setembro, dá a cara en todos os encontros.

Con sete puntos tamén segue o Guitiriz que non puido continuar coa boa xeira ante o Xermade (con seis puntos agora). O cadro dos irmáns Pena venceu no Municipal conseguindo poñerse 2-0. Antes do tempo de lecer, os visitantes empataron. No segundo tempo houbo algunha que outra xogada polémica, pero o marcador non se moveu máis.



Nas Gándaras empataron o Cospeito e a Comercial. O cadro visitante sumou o segundo punto seguido e segue sen coñecer a vitoria no que vai de liga. Pola súa banda, o colectivo dirixido por Andrés Rodríguez suma cinco puntos.

O Celta Barreiros é o único equipo que aínda non puntou. E xunto co Goiriz, o Castro B e o Cospeito os que non sumaron de tres.

Na zona sur, un grupo de catro equipos encabeza a clasificación logo da derrota da SD Becerreá. O Paradela, o Guntín, o Río Sil e o Oural son os catro que mandan na táboa con oito puntos. Os catro gañaron a pasada fin de semana.

O Paradela impúxose ao San Roque nun partido adiantado ao venres. Non lle senta mal o horario na previa da finde os de Rubén Bergantiños. Segunda vez no pouco que vai de curso e conseguiron un empate e unha vitoria. Ante o San Roque, o Paradela dominou o partido por completo cun novo dobrete de Romi que continúa nun bo momento goleador.

Pola súa banda, o Guntín tamén se impuxo claramente ante o Brollón. Os de Hugo foron superiores nos Medos e enlazaron o segundo triunfo seguido da campaña.

Tamén uniu a segunda vitoria consecutiva o Río Sil. O equipo do concello de Sober superou ao Corgo e recupera neste inicio de temporada o bo nivel amosado na primeira fase de competición do pasado curso. Os dous goles foron da autoría de Jordi.

Pola súa parte, o Oural impúxose pola mínima ao Ferreira. Nun encontro no que destacou, entre outros, o gardamallas Víctor foi o Oural quen levou os tres puntos debido ao seu maior acerto na área rival. Ambos tiveron oportunidades.

O Becerreá pasa agora a ocupar o 5º posto (última posición de play off). Perdeu por primeira vez na campaña ante o Friol. O partido estivo parello e con boas oportunidades para os dous equipos. Un dos factores clave para desequilibrar a balanza, foi a boa acción de Santi no segundo gol friolés.

A Milagrosa achégase á zona nobre ao derrotar na casa ao filial da SD Chantada. A Mila tivo sempre o dominio do balón pero non gozou de excesivas oportunidades de gol na primeira parte. No segundo acto, o partido púxoselle de cara cun gran gol de falta directa de Faus. Noutra acción a balón parado Marco anotou o segundo.

Con seis puntos mantense invicto o San Lázaro. Logo de tres empates conseguiu gañar con claridade ao filial do Lemos B. A pesar dos cinco goles dos seus, non faltou tampouco a súa cita Yelko que marcou en todas as xornadas disputadas.

O Sporting Lucense logrou o primeiro triunfo deste mes de competición ante un Carballedo que non sumou de tres. A efectividade do Sporting foi clave xa dende o principio e marchou xa cunha vantaxe importante ao descanso.

O Carballedo e o Corgo son os únicos equipos aos que lles falta a vitoria.

O Meira, único que fai pleno no primeiro mes na Segunda

A provincia de Lugo manda na Segunda

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *