Esta semana deu comezo o II Ránking Futbolinlugo de pádel nas instalacións de Lucus Pádel. Despois do éxito da primeira edición, a confirmación chegou co número de equipos participantes nesta segunda entrega. Un total de vintecatro conxuntos, o dobre que na estrea desta competición, loitarán por un trono que quedou baleiro. Xa que todos as parellas e tríos da primeira edición renovaron o seu compromiso agás os Colexiados e o campión Castro. Dende aquí, só temos palabras de agradecemento pola confianza que depositaron en nós e a exquisita deportividade que tiveron en todos e cada un dos seus encontros. No entanto, contamos con máis dunha ducia de equipos novos. E outros que modificaron os seus integrantes. Ao poder xogar con antigos compañeiros, houbo algún que outro cambio de cromos ao máis puro estilo World Pádel Tour.
O formato de competición sufre para esta temporada unha serie de modificacións, co fin de facer aínda máis atractivo este torneo. Explicámolo a continuación, e adxuntamos de paso os grupos da primeira fase das tres que volverá ter o Ránking.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/11/WhatsApp-Image-2020-10-30-at-13.58.39-190x300.jpeg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/r2-300x225.jpg)
Primeira fase: 4 grupos de 6 equipos. A unha soa volta. Remata no Nadal.
Segunda fase: 3 grupos de 8 equipos a dobre volta. De xaneiro ata maio/xuño. Os dous primeros de cada grupo da primera fase xogan no Grupo Ouro, terceiro e cuarto no Grupo Prata e os dous últimos clasificados no Grupo Bronce.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Fase final: Eliminatorias a un só partido. Nun só día no mes de xuño. A festa do noso fútbol. Do Grupo Ouro acceden 4 equipos directos a oitavos de final. Do Prata, 3; e do Bronce, 1. Os 16 conxuntos restantes mediranse en enfrentamentos directos para sacar os 8 billetes restantes para oitavos de final.
Vémonos nas pistas mentres nos campos non é de todo posible!
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)