Brais Prados, Álex Vázquez e Manu Miranda son os primeiros gañadores do I Ránking Futbolinlugo. Os representantes do Castro non atoparon rival algún nunha fase final inmaculada, na que non cederon un só set nas espectaculares instalacións de Lucus Pádel. Despois de superar ao Polvorín en cuartos e a o Outeiro en semifinais, os xogadores vermellos atopábanse a unha Sarriana espectacular na gran final. Alvarito e Hugo Buide impuxéronse á Residencia en cuartos e aos campións da segunda fase, Futbolinlugo, en semifinais. No entanto, os representantes do cadro de A Ribela non foron quen de manter esa superioridade na gran final e cederon con claridade ante a solidez do Castro. Todos os partidos do cadro principal resolvéronse en dous sets.

Na fase de consolación, a igualdade foi máxima. O Polvorín de Álex González e Chumi levouse a final en dous sets ante o Becerreá de Navia, Meko e Diego Sal. Os amarelos viñan de deixar atrás á Residencia en semifinais mentres que os da Montaña fixeran o propio coa Fonsagrada. Aquí vos deixamos as mellores imaxes da xornada deste pasado sábado, entre elas as da entrega de premios. Os gañadores levaron a súa pala de campións mentres que os finalistas e os vencedores da consolación obtiveron os seus paleteiros.

Dende este momento xa estamos traballando cos amigos de Lucus Pádel na segunda edición desta exitosa iniciativa. Nos próximos días informaremos ao respecto.

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*