#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

O Castro B, o único que pode facer un dobrete

A Terceira Rexional colle peso nos cuartos de final da Copa Deputación que se xogan esta finde. Entre eles, o Castro B. O cadro vermello vén de ascender á Segunda Rexional e agora está entre os oito mellores do torneo copeiro.

Na zona norte, tres equipos dos catro que seguen competindo formaron parte nesta tempada da 3ª Rexional. O xa comentado Castro B superou na súa casa a un Guitiriz que non realizou un bo ano. Os pupilos de Isaac Rouco gañaron por 3-1 ao conxunto guitiricense.

O rival do Castro B en cuartos é o Catro Roldas. O equipo vilalbés estivo pelexando ata o final polo ascenso á Segunda e agora mantén a boa dinámica na Copa. Impúxose con contundencia no marcador ao Fonsagrada. O dianteiro Moha luciuse cun hat-.trick, logo de realizar tamén un bo curso a nivel individual.

Outra das sorpresas segue sendo o Friol B. O cadro friolés estase resarcindo na Copa despois de non conquerir mellores resultados na liga regular. Eliminou á Candelaria, un dos equipos revelación do fútbol afeccionado neste ano.



Na Reigosa xogará os cuartos o Iberia. Os futbolistas preparados por José Manuel continúan coa boa xeira coa que chegaron da segunda fase. Aínda así, valéronse dos penaltis para deixar no camiño ao Rioaveso ao empatar no tempo regulamentario a un gol.

Na zona sur, a representación é completa de equipos de Segunda Rexional. O recén ascendido Antas eliminou nos penaltis á Milagrosa. Nun encontro moi desputado pero sen moitas ocasións o novo equipo da Primeira Rexional tamén se valeu dos penaltis. No partido o cadro capitalino adiantouse tamén de penalti, para despois igualar Álex Diéguez nunha boa acción individual. O futbolista monterrosino acabou lesionado nun hombreiro.

O Sporting Lucense será o rival do Antas nos cuartos. Os de Lolo tamén se clasificaron nos penaltis despois dun trepidante partido de goles ante o Ferreira. Tres marcaron cada equipo.



A outra eliminatoria de cuartos depara un apaixoante Paradela – SD Becerreá, dous equipos que estiveron pelexando ata o final polo ascenso de categoría, sobre todo o cadro da Montaña. O Becerreá venceu pola mínima ao Lemos B, no último encontro de Perry no banco lemista.

Pola súa banda, o Paradela eliminou ao Sober nun día no que tamén a tormenta do domingo se deixou ver por Centeás. O partido de feito rematou sen goles. Foi na quenda de penaltis onde emerxeu a figura do porteiro Eros que detivo dúas penas máximas.

O Castro B, o único que pode facer un dobrete

Diario dun mercado. Episodio 269

O Castro B, o único que pode facer un dobrete

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *