Hoxe toca unha de despedidas. Comezamos pola dos adestradores neste Diario dun mercado. No noso Twitter adiantabamos o adeus de Bruno Gómez do Xove Lago. Cunha permanencia tan traballada como sufrida como guinda final a unha longa traxectoria co club verde, que lle deixa as portas abertas a un futuro. Os motivos laborais foron clave na decisión do preparador de Viveiro.

Outro que non seguirá no seu conxunto mariñán, é Anxo. Como adiantaban os compañeiros de La Voz de Galicia. O técnico do Folgueiro buscará novas experiencias despois dunha campaña dura e na que chegou con vida ata o último partido. O cadro do Vicedo incorporará novo adestrador para tentar o regreso á Primeira Galicia.

Por suposto, é día de marchas para os xogadores. O tamén mariñán Aldán Naval puxo fin á súa etapa no Somozas, onde deixou gran pegada. E temos outra despedida na punta contraria do mapa da provincia. Esta definitiva. Diego Arias retírase do noso fútbol despois dunha traxectoria exitosa e chea de maxia polos campos lucenses. O seu último equipo foi o Lemos.
Por último, unha continuidade. Que non está de máis neste día de decir adeus. Rodrigo Amarante manterase á fronte da nave do Carballedo despois de conquerir o ascenso na presente campaña.

