#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

O anecdotario: «Unha ausencia excusada», por Maikel

Lemos-Xove Lago. Partido dun domingo ás 12.00 horas. Cando xogamos a esa hora, o club invítanos a comer. Neste caso, nun restaurante en Monforte.

Unha vez rematado o encontro, con derrota incluida (ese ano ascendeu o Lemos), fomos ao restaurante todos. Aínda me acordo ben do segundo prato. Moi bo o solombo ao roquefort.

Tomamos o café e puxémonos a falar un cacho tomando o café na mesa. Acabamos todos e veu un directivo preguntar se xa estábamos listos para saír cara á Mariña.

Dixemos que si e marchamos cara o bus. Antes de saír definitivamente, a pregunta de rigor:



-«Estamos todos?»

Nós sempre estábamos coa broma de: «Non, falta tal ou falta este outro».

Dígovos, en serio, que ese día non a fixemos e arrancamos o bus. Cando xa estábamos saíndo de Monforte chamou un compañeiro, non vou dicir o nome, ao central Álvaro Otero.



-«Onde estades?».

-No bus.

Resulta que quedara no baño. Facendo as necesidades da salsa do solombo. Volvimos por el ao restaurante entre as risas de todos. Davicinho, Diego Chao, Álvaro… e todos os que alí estábamos. Polo menos fíxose amena a volta.

Maikel Pérez Río. Unha institución no fútbol mariñán. Referente no Xove Lago



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *