Isto pasou durante a miña estancia en Castro. Por aquelas adestrabamos bastante no antigo campo, o do centro do pobo. Pero para ducharnos e deixar as cousas, sempre tiñamos que ir polo Novo Municipal (o noso campo de xogo).

Entón, imaxinade… Chegabamos alí, deixabamos todo e colliamos algún coche dirección ao campo vello. Eu sempre ía despois de traballar e xa levaba a furgoneta. Co cal o material para adestrar viaxaba nela.
Pois un día sucedeu o seguinte. Josema, o porteiro, cargou as picas que non collían na baca onde vai a escaleira. Todo iso acompañado de outros subidos á baca, outros compañeiros ao meu lado… Un panorama curioso.
Chegamos a ducharnos e descargamos todo o material. Pero olvidámonos das picas que quedaran enriba da baca. Eu marchei e claro… As picas voaron pola autovía adiante!


Dani López Silvosa. Un becerrego nas filas da Residencia. As de picas
