Xa sabedes que botei moitos anos no Racing Villalbés. Cun grupo de ‘veteráns’ como Álex Pérez, Xusto, Muiña, Pablo Vivero, López… Un núcleo que se mantiña no medio de cadros de xogadores curtos. Isto propiciaba que subisen moitos xuvenís a cotío.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/WhatsApp-Image-2020-10-21-at-12.46.33-300x200.jpeg)
Recordo unha vez, que a un deles, nunha destas viaxes longas que tes comer fóra… Comezara eu coa broma…
-Gerardo, que che apetece comer hoxe?
-Un pouco pulpo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
(Outro xogador) -Eu un pouco raxo ou zorza. A última vez que a comimos aquí estaba moi rico.
Guiñabámonos o ollo entre todos e seguimos coa secuencia. O xuvenil estaba cos seus cascos e co móbil, establecendo pouca relación co resto. E, espetámoslle:
-Oíches, a ti que che apetece comer?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
-Eu, o de sempre. Non hai espaguetis?
-Non, non. Aquí somos maiores. Como o club non paga a comida chegamos á conclusión de que cada un paga o seu. Hai xente que pide solombo, chuletón á pementa, pizza, bocadillo de xamón. Todo dependendo dos cartos que teñas. Trouxeche cartos?
O rapaz empézase a poñer vermello e contesta.
-Pois un pouco si que me deron na casa.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/10/WhatsApp-Image-2020-10-21-at-12.45.02-300x200.jpeg)
-Canto é eso?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
-Teño dez euros.
-Con dez euros non sei para que che dará. Déixame chamar ao restaurante e dígoche a ver que tes. A ti que che gustaría comer?
-Eu pasta. A min antes dos partidos, pasta.
-Pero como vas comer pasta… Cando se viaxa por aí fóra hai que comer ben. O fútbol é para isto, para comer ben. Ti que pensas que nós vimos comer unha pouca pasta, un filete… Ti aquí come ben. Que nós che prestamos cartos que eres xuvenil. Queres raxo, pulpo, empanada? Que che gusta?
-Pois algo de pizza… Eu unha pizza ben a comía. Se hai pizza catro queixos…
-Pois veña, encargada pizza catro queixos. Os cartos que che falten, xa o poñemos do bote dos maiores.
Seguimos así e todos pagando. O chaval asustado. Fomos ao local e comezan a servir. O tío asustado se puxera os cartos… Puxémosllos debaixo dun pano de papel.
Cando chegaron coas cuncas de espaguetis, puré e o filete… Todo risas. Quitou os cartos ao momento e o chaval… Sempre nos acordamos diso, do ben que comera ese día.
Unha das múltiples anécdotas que temos cos xuvenís, que se poden contar. De feito, ese día ganamos xa que foron as risas no quecemento, no partido e no descanso.
Hugo Criado Otero. Historia do fútbol vilalbés. Actual xogador do Atlético Coruña Montañeros