Notas da Segunda e da Terceira na xornada de entroido

Chegou o entroido, pero o fúbol non parou. Na pasada xornada mesmo puidemos desfrutar do primeiro ascenso da temporada, foi o da SD Ourol na Terceira Galicia grupo sur. Esta e outras actuacións destacadas da fin de semana teñen o seu protagonismo coma sempre nas notas de Futbolinlugo.

A figura: Esteban do Catro Roldas

O incombustible goleador Esteban Boo liderou a remontada do Catro Roldas na Canteira ante o Folgueiro. O equipo de Román foi quen de superar un 0-2 en contra co que se puxo o Folgueiro no minuto 6. Esteban recurtou distancias no minuto 15, no 27 David empataba o partido e xa na segunda metade, Óscar puxo o 3-2 e Esteban sentenciou o choque co 4-2 a falta de un cuarto de hora para o final. Con estes tres puntos o conxunto vilalbés supera o Muimenta na clasificación e queda con 23 puntos, catro por riba da zona de descenso.

O ás: Adrián do Ourol, un gol que vale un ascenso

Adrián Iglesias, “o pulpo do Vicedo”, certificou a vitoria e o ascenso da SD Ourol no minuto 85 de partido ao colocar o 3-2 no marcador ante o Roupar. Os locais comezaron gañando pero tiveron que remontar un 1-2 en contra. Jose e Rodrigo prepararon o camino para que Adrián culminará o fito cun cabezazo picado á saída dun saque de curruncho. A falta de dúas xornadas para rematar a liga e en pleno entroido, o Ourol xa é equipo de Segunda Galicia.

Nin pé con bóla: SD Laxosa

A SD Laxosa volveu colleitar una dura goleada por 5-0 ante o Río Sil. O conxunto xa suma sete xornadas sen coñecer a vitoria, algo que só logrou en tres ocasións no que vai de curso. O equipo lucense é décimo clasificado na Terceira Galicia grupo sur con quince puntos e xa non ten ningún obxectivo polo que pelexar, máis ca o de gañar o maior número posible de partidos.

Demasiado intenso: Palas

O Palas terminou o partido desta fin de semana ante o Santa Comba cun empate e con dous expulsados. Óscar Abad foi sancionado cun partido o recibir dobre cartón amarelo durante o partido e Antonio Sánchez tampouco poderá desputar o próximo partido por dirixirse aos árbitres en actitudes de menosprecio.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario