A figura: Diego do Iberia

Diego Rodríguez Vázquez foi un dos destacados da pasada xornada ao anotar catro dos cinco goles que o Iberia lle marcou o Xermade. O futbolista anotou nun encontro os mesmos tantos que levaba ata o momento en toda a competición. Coa derrota do Guitirz, o Iberia vólvese achegar aos postos de ascenso, queda a dous puntos do conxunto chairego.

 

 

O ás: Ángel do Castroverde

Ángel Cabado da SD Castroverde anotou tres goles no empate do seu equipo (3-3) ante o Laxosa. O partido complicouselle para os visitantes ao empezar perdendo, pero os goles de Cabado deixaron o resultado nun 2-3. Finalmente o Laxosa empatou ó final. Desta maneira o Castroverde perde vantaxe co líder quedando a 4 puntos do Monterroso B.

 

Nin pé con bóla: F.C.Becerreá

O Becerreá encaixou a goleada da xornada ante o líder da Terceira Galicia grupo sur, o Monterroso B. Caeu por 0-9 e continúa na súa mala xeira de resultados; leva sete derrotas seguidas. É último clasificado con sete puntos, iso si, cun partido menos con respecto aos dous rivais que ten por riba.

 

 

Demasiado intenso: San Román

O San Román decidiu retirarse do seu encontro arredor do minuto 75 de partido despois de que o árbitro expulsara ao seu único porteiro na convocatoria, Álvaro Labayén. Daquela o resultado do choque era San Román 1-1 Celeiro. Non obstante, ante este abandono do terreo de xogo o partido é dado por gañado para o Celeiro. Ademais ó San Román sonlle retirados tres puntos da actual clasificación, precisamente era tres os puntos que tiña polo que o equipo de Cervo queda agora con cero puntos. A maiores deberá pagar una multa.

 

 

Comparte
                  

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*