Diario dun mercado. Episodio 501

Coa fin da temporada regular comezaron os movementos do mercado. A campaña 2026/2027 comeza a asomar e tanto xogadores como clubes queren asegurar o seu futuro e afianzar os seus proxectos. É o caso do Lourenzá, que renovou ao seu adestrador Rubén Acebedo. O preparador «All Star»afronta así o seu segundo curso na Santa Cruz logo de colleitar unha meritoria permanencia na Primeira Futgal.

Tamén continuará Rubén Sanjurjo ‘Piru’ á fronte do Xove Lago. O traballo do técnico nas últimas xornadas non foi suficiente para manter ao equipo na categoría logo dun ano convulso, pero o viveirense continúa para devolver aos verdes á Primeira pola vía rápida. No sur da provincia, o contrastado Melendo seguirá dirixindo ao Relámpago Taboada.

A Reigosa viviu dúas retiradas que protagonizan o mercado de hoxe

O Sporting Pontenova, que vén de recibir malas noticias pola fortuna lucense na promoción á Primeira e xogará na Terceira Futgal o vindeiro curso, tamén quere recuperar a categoría perdida. Para iso, renova a tres xogadores que a bon seguro ofrecerán un gran rendemente —un por liña—: o defensor Adrián, o mediocentro Marcos Martínez e o dianteiro Álex Amor, que cumprirá o seu cuarto ano no cadro da Mina.

O final da temporada regular tamén trouxo consigo numerosas despedidas dentro do mercado. Saúl Méndez non continuará como adestrador do Cabreiros, mentres que o Brollón anunciou a retirada de Samuel Jorge tras a consecución da permanencia. Ademais, o campo da Reigosa, en Friol, viviu dous intres moi emotivos o pasado domingo.

Samuel Jorge despídese do seu Brollón - mercado
Samuel Jorge despídese do seu Brollón

O cadro local, o Friol, despediu cun corredor a Dani Roca, que colga as botas logo dunha vida enteira adicada ao fútbol. O dianteiro despídese cuns números goleadores que serán difíciles de atopar no mercado para os vermellos. Ademais, o Palas —que rematou a temporada nese mesmo campo, ante o Friol— dixo adeus a un dos seus clásicos: Alvarito tamén foi homenaxeado cun corredor tras anunciar a súa retirada.

Diario dun mercado. Episodio 501

Mondoñedo e Corgo, a un punto da

Diario dun mercado. Episodio 501

Diario dun mercado. Episodio 501