#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Salvatierra Abogados. Xornada 22

máxicos salvatierra abogados

Salvatierra Abogados patrocina unha nova entrega dos Máxicos da Primeira Galicia, á que lle restan tan só 12 xornadas para poñer o punto e final á temporada.

O Lourenzá colle aire diante do Outeiro de Rei (2-1). Unha boa primeira metade do Lourenzá propiciou dous goles ao seu prol, un tras un penalti provocado por Paula e anotado por Luis; e outro nun man a man co porteiro que culminou Yago. O Outeiro recurtou diferenzas nun balón parado xusto antes do descanso, e a segunda parte estivo marcada polas alternativas: os chairegos dominaban e xeraban perigo con xogo posicional, mentres que os locais tiñan opcións en contragolpes. Finalmente, o electrónico non se moveu e os tres puntos quedaron na casa.

A Milagrosa pon patas arriba a zona baixa tras vencer ao Guntín (4-1). Un ateigado Luis Gorgoso foi testemuña dunha victoria moi importante para os locais, que comezaron o choque de dulce cun tanto de Joel Vasco aos 5′ de xogo logo dun balón parado. O partido estivo marcado polas imprecisións e os nervios, ata que o propio Joel (que sobe escalóns nos máxicos da temporada) puxo o 2-0 no 61′ logo dun saque de esquina para dar tranquilidade aos seus.

Na recta final, o cadro capitalino mostrouse moi efectivo cun balón ás costas da defensa rival e outro balón parado que se traduciron en dous goles máis. Con eles, conseguiron a tranquilidade e derrotaron a un Guntín que non baixou os brazos e anotou o tanto da honra por medio de Salim, 4-1.



O Chantada Atlético convértese no primeiro equipo en gañar ao Pol esta temporada (1-2). O partido estivo moi igualado desde o primeiro momento, cos dous equipos mermados polas baixas. Ao longo do primeiro tempo, os chantadinos levaron o peso do xogo e tiveron premio co gol de Torres. Porén, nada máis sacar de centro, o Pol acadou o empate nunha xogada que colleu despistada ao cadro visitante. A segunda metade estivo moi trabada, con pouco ritmo de xogo, e con tan só unha ocasión destacada nas botas do «Atlético» César (un dos máxicos da xornada).

Coa expulsión de Javi, os do Sangoñedo xogaron cun home menos ata o tempo engadido, cando unha falta de Álex Pérez tamén supuxo o cartón vermello para o xogador local. Precisamente desa falta nos últimos intres saliu o remate de Dani que puxo o 1-2 e se traduciu na primeira derrota do líder Pol na campaña 23/24.

O Foz derrota a un combativo pero insuficiente Portomarín (3-0). A expulsión no minuto 17′ e posterior conduta do porteiro visitante Lisboa condicionou e afeou un partido no que Moreda transformou un penalti mediada a primeira metade para adiantar aos mariñáns. Ao longo do segundo tempo, o Portomarín aguantou con Moaad de porteiro e incluso gozou de oportunidades, pero unha xogada desafortunada na recta final permitiu aos focenses facer o 2-0. Logo dun balón que Hugo enviou ao longueiro, de novo o Foz aproveitou un contragolpe para pechar o choque co definitivo 3-0, obra de Anxo.



O Xove Lago e o Meira asinan táboas nun vibrante choque (2-2). Foron mellores os locais ao longo do primeiro tempo, e tiveron premio na recta final cunha boa xoada de Maikel (un dos máxicos da semana) que el mismo culminou para poñer o 1-0 antes do descanso. Unha boa xogada dos meiregos á volta dos vestiarios puxo o empate e, logo de varias ocasións para ambos conxuntos, o Meira puxo o 1-2. Non baixaron os brazos os mariñáns, que gozaron de oportunidades para empatar e, no minuto 98′, conseguiron o 2-2 nunha falta lateral que rematou Alberto para deixar ardendo a zona baixa da táboa.

A SD Chantada vence e convence diante do Taboada (2-0). Unha primeira parte moi seria dos de Traste valeulles aos chantadinos para adiantarse no electrónico e anular ao Taboada, que non se atopaba cómodo e non atopaba o seu fútbol. O electrónico mostraba un 1-0 no descanso, que semellaba escaso polo visto no terreo de xogo. Na segunda metade, porén, os de Martín Murado deron un paso adiante e comezaron a gañar duelos e a achegarse á meta do Sangoñedo. Cando mellor estaban, chegou o segundo tanto local, que deixou o choque visto para sentenza e os tres puntos no feudo dunha SD que veu como un dos seus capitáns, Kadete, volvía ao verde.

O Riotorto da a sorpresa diante do Atlético Escairón (3-1). Os locais asinaron o mellor partido do ano, cunha defensa moi seria diante dun Escairón que non se atopou cómodo en ningún momento. O resultado ao descanso era de 0-0, pero a actitude local na reanudación serviu para facer o 1-0 por medio de Cristian. Unha boa xogada visitante, porén, permitiu a Vilachá puxo o empate no electrónico e a igualdade de novo sobre o céspede. O Riotorto non se veu abaixo e un bo pase filtrado caeu nas botas de Rubén, que non perdoou e fixo o 2-1. Xa na recta final, Cristian sentenciou co definitivo 3-1 para dar aire na clasificación ao seu equipo.

O Guitiriz asalta Cerdeiriños (2-3). Un saque de esquina e unha pena máxima transformada por Saúl permitiulle ao Guitiriz mandar por 0-2 no minuto 20′ e xogar desde ese intre cun futbolista máis sobre o céspede, ao resultar expulsado o gardamallas local. O Monterroso, porén, anotou o 1-2 xusto despois e apretou moito aos seus rivais cun xogo directo moi efectivo. Xa no segundo tempo, Rulo transformou unha falta directa na que foi expulsado o visitante Mauro.

O panorama presentaba un 10×10 no minuto 60′ con resultado de 2-2, pero foi o Guitiriz o que xestionou mellor a situación e conseguiu o definitivo 2-3 cun testarazo de Saúl nunha recta final na que o Monterroso procurou o empate, pero non o conseguiu e rematou desquiciado diante dun Guitiriz que oposita cada vez máis á permanencia na Primeira.



máxicos

Unha recta final tola na Liga sáldase con victoria do Burela (1-3). A primeira metade estivo marcada polo xogo directo, as disputas e a igualdade entre dous equipos que están a asinar un gran ano. Porén, os mariñáns aproveitaron un rexeite logo dun balón parado para poñer o 0-1 antes do descanso. O Santaballés estivo mellor plantado no segundo tempo, aínda que o Burela errou un man a man e, a base de insistir, os chairegos empataron no 89′. Porén, o ímpetu local na búsqueda da remontada permitiu aos de Luchi gozar de dous contragolpes nos que non perdoaron e anotaron dous goles para levar os puntos cara a Marosa, 1-3 nun final espectacular.

Máxicos salvatierra abogados

Máxicos Salvatierra Abogados. Xornada 22

O San Roque empeza con dez e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *