#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 14

Xornada intersemanal para os máxicos, que se preparan para un novo día de competición botando un ollo ao que aconteceu o pasado xoves!

Foz 2-0 Taboada: partido bonito no Martínez Otero no que ambos equipos mostraron un bo fútbol. O Foz deu un paso adiante no segundo tempo, que lle permitiu levar o partido. O Taboada dispuxo dun penalti a falta de dez minutos, pero errou e non sacou nada positivo da Mariña.

Xove Lago 1-3 Pol: pese a que o Xove se adiantou no comezo, o Pol foi quen de remontar antes do descanso. No segundo tempo, aínda que os visitantes trataron de controlar o xogo, os locais apretaron moito ao longo dos primeiros 15′ minutos. Porén, a efectividade do Pol en ambas áreas permitiulles anotar o 1-3 e sentenciar o choque.

Riotorto 1-3 Outeiro: a nota negativa do choque foi a lesión de gravedad de Harry, porteiro local. O Outeiro anotou no primeiro minuto do partido e encarrilou o duelo. Outro gol antes do descanso inclinou a balanza a prol dos chairegos, aínda que os locais reaccionaron por medio de Pape e anotaron o 1-2 no segundo tempo. Finalmente, os visitantes conseguiron a sentencia ante un Riotorto que vén de asinar a un novo porteiro, Manuel Abalo, para suplir as baixas de Harry e de Dani.



San Ciprián 2-2 Chantada Atlético: vibrante choque na Veiga, cunha loita de estilos. O Sanci, con xogo directo, logrou adiantarse no primeiro tempo, pero o bo fútbol combinativo visitante permitiu aos chantadinos facer o empate e remontar no segundo tempo, 1-2. O empuxe local se traduciu no 2-2, obra do xuvenil Danielson, e incluso puideron anotar o 3-2 os mariñáns na última xogada, pero o marcador se mantivo no 2-2.

Atlético Escairón 2-0 Monterroso: o Monterroso padeceu tres lesións no primeiro tempo, que condicionaron moito aos visitantes, que tiveron unha clara ocasión nos pés de David. No segundo tempo, un córner a prol dos locais se traduciu no 1-0, e o partido se abriu máis a partires deste intre. Ambos gardamallas gozaron de protagonismo, chegando o visitante Rubén a deter un penalti. Os locais sentenciaron nun contragolpe no desconto, 2-0.

Burela 2-1 Santaballés: os chairegos tiveron o balón durante o primeiro tempo e anotaron o 0-1, pero un Burela moi efectivo logrou o empate antes do descanso, 1-1. No segundo tempo, tras a expulsión de Muñiz, o Burela culminou a remontada, 2-1. A expulsión de Miguel Gomes igualou as forzas e o Santaballés tivo varias opcións claras para empatar, pero non foron quen de anotar e os tres puntos quedaron na Marosa.



SD Chantada 1-1 Castro: dominio dos locais na primeira media hora de xogo, na que se adiantaron por medio de Álex Delgado. O Castro reaccionou, sobre todo no segundo tempo, e logrou o empate por medio de Noel. Aínda así, a SD respondeu ben ao 1-1 e procurou adiantarse de novo, pero un Castro moi sólido en defensa contivo as ofensivas locais e sacou un valioso punto do Sangoñedo.

Sporting Pontenova 3-2 Antas: partido moi disputado na Mina. Os locais adiantáronse, pero os visitantes remontaron no primeiro tempo. Os erros defensivos da SD Antas e unha actuación arbitral que deixou moi descontentos aos celestes propiciaron a remontada do Sporting, que suma a súa segunda victoria do curso e se achega á salvación.

Pastoricense 1-3 Lourenzá: continúa a mala dinámica do Pastoricense. O Atleti se adiantou no primeiro tempo, pero os locais empataron por medio dun penalti antes do descanso. Unha segunda parte con alternativas para ambos conxuntos se inclinou para o bando da Santa Cruz, que deixou sen opcións aos do Acebreiro unha xornada máis.

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 14

A Porra de Futbolinlugo, 14

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *