Mario González, o regreso do gardián do Meira

Din que sarna con gusto non pica. Quizais iso é o que lle pasou a Mario González (Pol, 1978). Varias campañas despois da súa ‘retirada’, o pasado domingo púxose de novo as luvas. Para vestirse unha vez máis de gardamallas coa camisola do Meira. Nada novo para él. Non hai mellor proba que a súa portería quedou a cero. A satisfacción máxima para un arqueiro. Dende Futbolinlugo, quixemos facernos partícipes da súa felicidade. E falar sobre o seu retorno ao noso fútbol. Con todos vós, Don Mario González.

FUTBOLINLUGO: Qué tal estamos porteiro? Canto tempo levabamos sen verte polos nosos campos?

M.G: Boas! Ata este domingo levaba tres temporadas sen xogar máis o que ía desta. O meu último partido tamén fora co Meira.

FIL: Cóntanos. Como se xestou esa volta aos ‘ruedos’?

M.G: O Meira ten dous porteiros. Un deles é un rapaz ‘noviño’ e sempre ten dúbidas en facer ou non a ficha. Logo está Alberto, que é o outro porteiro. Alberto ten unha sanción duns partidos por unha pequena tangana ante o Lourenzá. Con esta situación, rematoume chamando o adestrador… Teño familia e amigos aquí xogando… E logo chamáronme tamén o presidente e o segundo adestrador. Pedíronme volver. Ao principio estaba desganado pero convencéronme.

FIL: Qué sentiches cando te viches outra vez aí, baixo paus?

M.G: Foi un pouco raro, pero bastante ben. Aínda que algo nervoso ao comezar. Ao final coñezo a todos os meus compañeiros, por xogar con eles antes ou adestralos.

Ao principio estaba desganado pero convencéronme

FIL: Agora, perfectamente aclimatado, ves o teu regreso coma algo temporal ou hai Mario para longo?

M.G: De momento vexo a portería ata o que queda de temporada. Estaba bastante cómodo na situación que tiña antes disto, vendo fútbol e facendo todo o que me apetecía. Ir a ver partidos sen importar a categoría. Plantexáranme xa hai tempo ir xogar a veteráns porén non me convencía moito a idea.

FIL: Qué cambia logo dos veteráns ás categorías de afeccionados?

M.G: Teño ido ver partidos de veteráns de xente que xogou conmigo, entre eles do meu cuñado. Non me apetecía. Penso que para render algo tes que adestrar. Son moi competitivo, gústame ganar, xogar e adestrar. Os veteráns teñen outra filosofía, que non encaixa conmigo. Non digo que non esté ben pero a min non me convence.

Mario, xogando co seu irmán Iván, nun torneo

Para render algo tes que adestrar. Os veteráns teñen unha filosofía que non encaixa conmigo

FIL: Por último, qué hai que facer para que xogadores coma ti ou teu irmán (Iván González, dianteiro do CD Castro) sigades ao pé do cañón preto dos 40?

M.G: Él cuidándose moito -bromea-. Ten que gustarche moito o fútbol e sacrificarte moito adestrando. Sexa o nivel que sexa, hai que adestrar moito.

FIL: Grazas Mario!

M.G: A vós!

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario