Qué ver esta fin de semana? (30 setembro-1 outubro)

Plato único para este sábado. Eliximos un dos grandes enfrontamentos entre chairegos na Terceira Galicia: Catro Roldas-Goiriz. O domingo xa vén o groso do noso menú. Pola mañá, almorzamos con contundencia. Abrimos boca cun encontro da Liga Galega infantil entre dous conxuntos que só saben gañar: CD Lugo-Deportivo. Movémonos escasos kilómetros para vislumbrar acto seguido o derbi de Preferente da xornada: Polvorín-Viveiro. Para pechar a fin de semana, un clásico do noso fútbol: o derbi entre Chantada e Taboada.

 

SÁBADO

17.00 horas. Catro Roldas-Goiriz. A Canteira. Terceira Galicia

 

DOMINGO

10.30 horas. CD Lugo-Deportivo. Municipal Rodríguez Lago 1. Liga Galega cadete

12.00 horas. Polvorín-Viveiro. O Ceao. Preferente Norte

17.30 horas. Chantada-Taboada. O Sangoñedo. Primeira Galicia

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 752

Deja un comentario