#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Manu Cedrón (Pol): «Cada partido competimos mellor e a dinámica é positiva»

Manu Cedrón, porteiro do Pol

O Pol cada vez despega máis na Preferente Futgal coa intención de acadar o obxectivo da salvación. O cadro chairego venceu ante o Órdenes por 5-3 nun encontro onde chegaron a liderar por 3-0. Os locais conseguiron sobrepoñerse ao empate e marcar os dous goles dunha victoria que os alonxa do descenso, situado xa a oito puntos.

Na portería do Pol estaba Manu Cedrón, que esta temporada é un dos grandes referentes do conxunto que dirixe Roberto Fernández. O gardarredes pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falou sobre a mellora do cadro chairego, do partido ante o Órdenes e sobre as lesións que tivo no pasado.

Podes escoitar aquí a entrevista íntegra:

Partido ante o Órdenes: «Unha primeira parte que quizá foi a mellor da tempadana que nos poñemos 3-0, pero ás veces os resultados son un pouco enganosos. Na segunda parte marcáronnos na primeira xogada e en outras dúas illadas empataron. Eu quédome con que despois do 3-3 fomos capaces de ir a polo cuarto e incluso marcamos o quinto».



Lesións: «Ao final é algo co que tes que convivir. Agora que estou a tope intentarei sumar os máximos minutos posibles».

«O obxectivo do Pol é claro, a salvación»

Mellora do Pol: «Creo que é un proceso de adaptación coma cada vez que cambias de categoría. As divisións están por algo e costounos entrar na dinámica, pero cada partido competimos mellor, inda que temos que seguir mellorando no aspecto defensivo, intentando encaixar menos e sen que nos creen tanto perigo».

Obxectivo: «O obxectivo é claro, a salvación. A partir de aí, inda que soe a tópico, partido a partido, que será o que nos leve a clasificar máis arriba. Agora estamos cunha dinámica moi positiva».



Pasado no Lugo: «Foron situacións que se deron. Agora estou coma adestrador, que é o que máis me gusta actualmente e aí sigo vencellado ao clube. Ao final o fútbol é a miña vida».

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *