Nos últimos días falouse moito das diferentes circulares que ían chegando sobre a volta do fútbol: mascarilla obrigatoria, renuncia á mesma, tests serolóxicos… e demais novidades que trataban de facer viable o comezo da temporada futbolística. Porén, os verdadeiros protagonistas disto son os clubes e, como tales, conxuntos de todas as delegacións galegas están a decidir se sairán ou non a competir.
Os pioneiros foron os clubes da delegación de Santiago. Estes facían chegar un escrito á Futgal no que transmitían a súa incomodidade co retorno do fútbol. Varios clubes, desde a Primeira á Tercera Galicia, manifestaban que eles non serían partidarios de comezar polo momento.
O mesmo está a suceder en Lugo. En Futbolinlugo tenemos constancia de que existen grupos de WhatsApp onde se están a debatir e discutir -de xeito amistoso- as distintas razóns para saír competir ou non nas vindeiras semanas. A estas horas temos constancia de que Outeiro de Rei, Alfoz, San Ciprián, Ferreira, Mondoñedo, Oural, Catro Roldas e Goiriz gostan da idea de non reanudar a competición, mentres que Fonsagrada ou Meira prefiren comezar a competir.


Desde a nosa web contactamos con distintos clubes para conocer a súa postura e os seus motivos, como no caso da SD Paradela, que considera que «as nosas familias son máis importantes que o fútbol, non estamos pola labor de empezar sen unhas garantías mínimas». Tamén en Oural se comparte esta idea, «non queremos xogar coa saúde de ningún xogador, a nosa decisión é non saír a competir«. En Lourenzá, o clube avoga por «agardar para reiniciar as competicións, debemos apelar á responsabilidade«, ao igual que en Ferreira, onde ven o regreso aos campos «unha irresponsabilidade, ademáis de que a máscara semilla perigosa para facer deporte. Non pasa nada por parar un ano«.
Outro caso é o da Preferente Norte. Un gran número de clubes das provincias de Lugo (Lemos, Escairón, Ribadeo e Residencia) e A Coruña remitiron á Futgal un escrito no que manifestan as súas inquedanzas con respecto á volta aos terreos de xogo. Entre elas, o rexeite total a xogar con máscara e a afrontar os custos dos tests serolóxicos, así como a negativa a que un equipo perda automáticamente un partido se presenta casos positivos e a solicitude de poder abrir as cantinas para poder afrontar económicamente a temporada. O escrito conclúe con que, de non recibir resposta afirmativa a estas solicitudes, os clubes proporán a suspensión do inicio da campaña.

Manteremos aos nosos lectores informados sobre esta situación que, como en moitos máis aspectos desde 2020, está chea de incertidume.