Nos últimos días falouse moito das diferentes circulares que ían chegando sobre a volta do fútbol: mascarilla obrigatoria, renuncia á mesma, tests serolóxicos… e demais novidades que trataban de facer viable o comezo da temporada futbolística. Porén, os verdadeiros protagonistas disto son os clubes e, como tales, conxuntos de todas as delegacións galegas están a decidir se sairán ou non a competir.

Os pioneiros foron os clubes da delegación de Santiago. Estes facían chegar un escrito á Futgal no que transmitían a súa incomodidade co retorno do fútbol. Varios clubes, desde a Primeira á Tercera Galicia, manifestaban que eles non serían partidarios de comezar polo momento.

O mesmo está a suceder en Lugo. En Futbolinlugo tenemos constancia de que existen grupos de WhatsApp onde se están a debatir e discutir -de xeito amistoso- as distintas razóns para saír competir ou non nas vindeiras semanas. A estas horas temos constancia de que Outeiro de Rei, Alfoz, San Ciprián, Ferreira, Mondoñedo, Oural, Catro Roldas e Goiriz gostan da idea de non reanudar a competición, mentres que Fonsagrada ou Meira prefiren comezar a competir.

Desde a nosa web contactamos con distintos clubes para conocer a súa postura e os seus motivos, como no caso da SD Paradela, que considera que «as nosas familias son máis importantes que o fútbol, non estamos pola labor de empezar sen unhas garantías mínimas». Tamén en Oural se comparte esta idea, «non queremos xogar coa saúde de ningún xogador, a nosa decisión é non saír a competir«. En Lourenzá, o clube avoga por «agardar para reiniciar as competicións, debemos apelar á responsabilidade«, ao igual que en Ferreira, onde ven o regreso aos campos «unha irresponsabilidade, ademáis de que a máscara semilla perigosa para facer deporte. Non pasa nada por parar un ano«.

Outro caso é o da Preferente Norte. Un gran número de clubes das provincias de Lugo (Lemos, Escairón, Ribadeo e Residencia)  e A Coruña remitiron á Futgal un escrito no que manifestan as súas inquedanzas con respecto á volta aos terreos de xogo. Entre elas, o rexeite total a xogar con máscara e a afrontar os custos dos tests serolóxicos, así como a negativa a que un equipo perda automáticamente un partido se presenta casos positivos e a solicitude de poder abrir as cantinas para poder afrontar económicamente a temporada. O escrito conclúe con que, de non recibir resposta afirmativa a estas solicitudes, os clubes proporán a suspensión do inicio da campaña.

Manteremos aos nosos lectores informados sobre esta situación que, como en moitos máis aspectos desde 2020, está chea de incertidume.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 537

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.