#Sin categoría

Lemos B, dobrete de Álex e liderado en solitario

A xornada da Terceira Rexional xogouse ao completo. En ambos grupos continúa a igualdade na parte alta. Con partidos pendentes de xogar e varios equipos na pelexa. A principal novidade, o liderado do Lemos B na zona sur. Repasamos algúns detalles da xornada nunha nova entrega do Tres en Raia.

Na zona norte os catro primeiros clasificados sumaron os tres puntos e dividen unha miga máis o grupo. Sepáranos tres puntos, co Castro B pendente de xogar un partido aprazado. O Catro Roldas mantén o liderado ao derrotar ao Celeiro. Un partido con dous dobretes. Moha para o conxunto amarelo e Xabi para o cadro viveirense.

A un punto do Catro Roldas continúa a Comercial. Os pupilos preparados por Andrés Rodríguez venceron na Reigosa ao Friol B. O gardamallas Joshua continúa sendo o porteiro menos batido do grupo.

Vinte son os puntos que acumula o Rioaveso. Venceu en Paraños pola mínima ao Nuevo Nausti. O gol de Miro foi do pouco reseñable do encontro. Pola súa parte, o filial do Castro venceu ao Cazás. O equipo de Xermade afástase algo máis do cuarto posto.



Na zona sur, o Lemos B queda como líder en solitario da táboa clasificatoria coa derrota do Rubián. Sumou o sétimo triunfo do curso ante o filial do Taboada. Álex foi un dos grandes protagonistas do encontro ao anotar dous goles; un deles de gran execución.

O Sober aproveitou as circunstancias para meterse no segundo posto. Iso si, ten un partido máis xogado ca o Lemos B e o Rubián. O cadro soberés venceu con claridades ante o Relámpago Taboada.

O Monterroso B segue coa súa progresión e derrotou a un rival directo como é o Carballedo para sumar o terceiro triunfo seguido neste ano. O filial amosa as súa candidatura para pelexar polos primeiros postos.



Na metade da táboa, recuperouse o Castroverde. Volveu gañar logo de enlazar catro derrotas. Venceu ao Rubián nun partido que estivo envolto na polémica.

Lemos B, dobrete de Álex e liderado en solitario

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *