#Feminino

José Manuel «Ponfe» (PM Friol): «Temos que sacar puntos, non queda outra»

Foto de portada: Web PM Friol

O PM Friol está a pasar un ano difícil. Durante a primeira volta do Reto Iberdrola, o conxunto lucense non acadou os resultados agardados e, como consecuencia, remataron o ano 2020 en postos de descenso. Entre outras cousas, esta situación levou ao clube a destituir a Abraham García e buscar un sustituto. Desde A Reigosa traballouse arreo para asinar a un novo técnico, con experiencia no fútbol nacional e en distintas categorías do fútbol feminino, Jose Manuel González «Ponfe», oriundo de Ponferrada -o que lle da o seu apodo-.

Jose chega a Friol acompañado por Sergio Carrasco. Ambos ciegan ilusionados formarán un dueto que xa leva días trabajando para tratar de revertir a situación clasificatoria das lucenses. Hoxe quixemos falar co novo preparador do PM Friol para coñecer as súas sensacións nos primeiros días de adestramento e as esperanzas que ten depositadas na consecución dos obxectivos!

Un lance dun choque do PM Friol.

Futbolinlugo: Como están sendo as primeiras sesións de adestramento no PM Friol?



Jose «Ponfe»: Comecei co grupo o día 2. Daquela, o equipo estaba baixo de moral, pero durante a semana as rapazas foron mellorando o ánimo e collendo boas sensacións. Xogamos un bo partido contra o Oviedo, pero por erros puntuais non conseguimos puntuar. Pero moi contento de momento.

FIL: Como xorde a opción de asinar no PM Friol?

JP: Tiveramos un primeiro contacto no verán, pero por circunstancias persoais ao final non pechamos o trato. Agora foi o momento oportuno, falei co presidente e chegamos a un acordo. Estou moi contento e tratarei de lograr o obxectivo proposto pola directiva.



FIL: Por que decides dar o «sí» ao clube?

JP: En primeiro lugar, que polo de agora sempre adestrei a equipos que estaban nunha situación complicada, e para min eso é unha motivación extra. Ademáis, eu -que son de Ponferrada- levo moitos anos adestrando en Andalucía, pero sempre me deron moi boas referencias deste clube e agora quero aproveitar a oportunidade.

«Gústame o fútbol ofensivo, non deixar pensar ao rival…»

FIL: Que fútbol propoñerá agora o PM Friol?

JP: Gústame o fútbol ofensivo, presionar moito ao rival e deixar que pense pouco. Cantas máis veces cheguemos a portería máis ocasiones de marcar teremos… non concibo o fútbol doutro xeito. Gústame xogar en zona media ou avanzada, presionar, transicións rápidas… sempre me funcionou e penso que en Friol hai xogadoras con moita habilidade para facer isto.



O PM Friol baixo as ordes de Jose, nun adestramento.

«Temos un equipo moi compensado e competitivo.»

FIL: Que tratarás de cambiar con respecto á primeira volta?

JP: Cando non hai resultados sempre hai que cambiar cousas. Notei un equipo moi apagado ao chegar e, nuns días, a ilusión foise renovando. Quizais haxa que juntar máis as liñas, presionar máis… pero pequenas cousas que se irán traballando. O cambio de adestrador acarrea que as rapazas teñen que adaptarse a modelos, sistemas… que son totalmente distintos ao que estaban afeitas, pero moitas delas son moi intelixentes e apenas están notando o cambio, están trabajando moi ben.

FIL: Cres que as futbolistas teñen potencial?

JP: Si, hai xogadoras que entenden moi ben o fútbol e que pensan moi rápido. Estou moi contento con elas: futbolistas con calidade, velocidade… o medio do campo é excepcional, a defensa traballa moi ben pese a súa xuventude… hai un equipo moi compensado e que pode competir contra calquera. Agora están moi animadas, adestran moi ben… podemos conseguir moitas cousas.

FIL: Hai xogadoras con ficha do filial que están a completar moi bos partidos. Apostarás por elas?

JP: Si, de feito a pasada semana xa xogamos con seis do filial e nin se notou. Teñen moitas ganas, adestran con moitísima intensidade e demostran que queren entrar nas convocatorias. Toda a xogadora que o merezca irá convocada, e a que queira entrar no 11 inicial tamén sabe o que ten que facer. Eu pedireilles a todas o máximo, a que non o dea non poderá xogar.

FIL: Dada a túa experiencia -positiva- en sacara equipos adiante, confías en acadar a salvación?

JP: Si, ata o de agora sempre o conseguín. Hai que traballar moitísimo, temos como único obxectivo a permanencia. Agora temos que sumar puntos e seguir sumando puntos, non queda outra. A forma de traballar é a mesma que nos meus anteriores equipos.

«Temos que sacar puntos nesta fase. As circunstancias non son unha excusa.»

FIL: Dado o formato de competición, hai pouca marxe para o erro…

JP: Si, co formato cos distintos grupos temos que intentar pasar á seguinte fase cos máximos puntos posibles. Son circunstancias que son así este ano, pero non é excusa.

FIL: Está na túa mente a continuidade no clube, cumprindo ou non os obxectivos?

JP: Aínda non pensei niso. Primeiro conseguir os obxectivos, e despois xa se vería. Están tratándonos moi ben, estou moi contento e non me importaría sentarme coa directiva. Pero ata maio, temos que pensar tan só na permanencia e en acadar os obxectivos.

Agradecemos ao PM Friol e a Jose «Ponfe» a súa boa disposición, e enviamos moita sorte para a Reigosa, ogallá que siga albergando partidos de Reto Iberdrola moitos anos máis!!!!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *