Javi Chinchón: “Un ano cumprindo un soño”

O míster cumpre un ano á fronte do equipo do seu pobo

Pois xa fai un ano, e vaia ano. Tocoume ser adestrador do equipo que me viu medrar como persoa e como futbolista nunha época atípica de todo. E con todo iso, para min é unha honra e unha gran responsabilidade poder adestrar o CD Foz.

Era domingo, 2 de febreiro. O equipo viña de perder na casa co Arteixo 0-2. Aí polas dez da noite recibo unha chamada do presidente que me dice si poido ir polas oficinas do clube. Saltei do sofá, calceime e fun o máis rápido posible cara o Martinez Otero.

Unha vez alí foi unha mezcla de sensacións: alegría por ter a oportunidade de poder adestrar ao equipo do meu corazón; e por outra, tristeza porque para que eu chegara tiña que marchar antes a persoa que tanto me axudou e me ensinou neste mundo do fútbol. Gayol. O cal me consta que levaba uns meses sufrindo pola mala racha do equipo, creo que merecía outro tipo de despedida, o fútbol moitas veces é cruel.

Evidentemente non dudei nin un segundo en decir que sí, saín de alí e xa me puxen a traballar. O teléfono non parou ata a 1 da mañá. Costoume durmir, estaba nervioso e sabía da dificultade do reto e da responsabilidade que adquiría ao adestrar o CD Foz. Foi unha semana moi intensa, de nervios, de moitos whatsapp, moitas chamadas, e ademais a semana previa á cea de coroación, que xa sabedes o que conleva iso en Foz.

Foz dos anos 80. Javi Chinchón neno, con seu pai no centro. Á esquerda de todo, Iván Gayol neno

Foron pasando as semanas e os partidos, o equipo seguía sen gañar. E nisto chegou o maldito coronavirus, todos para a casa, remata a tempada e o equipo non descende, obxetivo cumprido? Na vida tamén hai que ter sorte.

Chega xuño, o clube confía en nós, (en esta aventura somos dous. Está Israel, un mindoniense ao que liei para acompañarme en esta viaxe e ao que lle estou moi agradecido) e volta ás chamadas e whatsapps na procura de reforzos para o equipo, xa non sabía se era adestrador ou comercial.

E pasou un ano e aquí seguimos… Adestramos tres semanas nunhas condicions bastante raras para todos e o maldito coronavirus volveu a paralizar todo. Bueno, casi todo, porque a cabeza non para nunca cando eres adestrador, agora doume conta de que é moito máis fácil á vida de xogador, moito máis.

Este é un resumo deste ano como míster do CD Foz. Estou desexando volver á normalidade e poder volver a ver fútbol a pé de campo e sen a máscara.

Unha aperta a todos os seguidores de Futbolinlugo. Aúpa Foz Aúpa.

Javi ‘Chinchón’ Méndez García. Sentimento vivo do Foz, adestrador do primeiro equipo

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 755

Deja un comentario