O pasado verán Jandri Rego colleu as rendas do Viveiro en Terceira RFEF logo da saída de Alberto López, do que era o seu segundo adestrador. O conxunto mariñán apostou daquela por darlle as rendas a un home da casa, que contou cun cadro de xogadores moi renovado con respecto á anterior campaña.
Malia a que o mes de outubro non foi bo en canto a resultados, a situación clasificatoria do Viveiro era desafogada, pero o club celeste decidiu trocar de adestrador e comunicou a destitución de Jandri Rego e a sorpresiva contratación do histórico Fabri González.
Jandri Rego pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo e respostou ás preguntas de Álex Gato, conductor do espazo radiofónico, e Marcos Fernández, redactor de Futbolinlugo.
Podes escoitar aquí a entrevista íntegra:
Afrontar un partido sabendo que é o último. «Había dúas opcións. Deixar o equipo colgado ou asumir o risco e ir á Grela dar o último baile. O corpo técnico e eu decidimos optar pola segunda opción. Os xogadores sabían do meu cese desde adestramento do venres, A miña intención era que non o souberan ata despois do partido, pero Fabri xa estivo presenciando ese adestramento. Falei con eles e díxenlles que tiñamos que ir á Coruña a gañar, non por min, senón por eles. Viñamos de dous encontros malos, sobre todo a nivel psicolóxico e os xogadores responderon moi ben. Creo que as formas non foron as correctas e non se mide a todos os adestradores coa mesma vara. Son xoven e sen experiencia, pero que creo que traballamos moito polo Viveiro«.
Os motivos do cese. «Para nada os problemas de vestiario foron decisivos. Houbo un pequeno problema na portería que se resolveu sen maior problema. O equipo queda curado psicoloxicamente. Eu creo que o cese vén pola última derrota na casa. Había un grupo de xente, non só afección senon adestradores e outra xente que vén a Cantarrana, á que non gustábamos e que contaminaron algo a opinión do presidente. Él tomou esa decisión«.
A boa situación clasificatoria. «O equipo queda moi ben a nivel clasificatorio e mental. Creo que axudamos moito ao club, este ano e os anteriores, tanto no aspecto deportivo como económico. Esta temporada levamos traballando desde o mes de xullo, desde o Resurrection Fest cun corpo técnico que eramos o máis pequeno da categoría. As formas entendo que non foron as adecuadas, pero deuse así. Quero pedirlle perdón á afección polos dous últimos encontros na casa que non foron bos«.
Poucos xogadores da zona no club. «Creo que son varias causas. Fai uns anos aquí había unha base moi bo con xuvenil en liga galega, cadete en división de honra, etc. Sempre surxen problemas entre os clubs que prexudican o nivel. Logo os rapaces marchan fóra estudiar e non poden vir adestrar. Si estamos en Terceira non podemos asumir un día de adestramento á semana. Por exemplo, Lucas Fanego está estudianto en Coruña e vén mércores, xoves e venres adestrar co gran esforzo que lle supón«.
Foto de portada: El Progreso.