O pasado sábado tivo lugar no Campo Municipal de Becerreá o campionato galego en idade alevín. Os mellores equipos da zona norte da comunidade citáronse nun campo que comeza a ser un habitual como sede de grandes campionatos!
Velaquí algunha imaxe de dita xornada, cortesía da SD Becerreá. Desde aquí agradecemos ao clube a súa colaboración!


















