#Fútbol afeccionado

Futbolinlugo sortea unha cesta este Nadal

Dende o medio dixital estrela do fútbol lucense tamén imos probar sorte neste Nadal. Futbolinlugo prepara unha cesta para todos os afeccionados do noso balompé.

Un obsequio que combinará gastronomía da provincia, sen esquecernos dalgúns detalles que fagan referencia ao fútbol provincial. Por tan só 3€ podes facerte cunha das rifas dun premio que vai tocar si ou si.

Para adquirir as papeletas pódese contactar con calquera membro de Futbolinlugo ou a través das nosas redes sociais.

Futbolinlugo lanza este sorteo logo dun 2022 onde recuperamos a actividade habitual grazas o regreso do formato de sempre nas ligas.



Logo dunha temporada 21/22 complicada coa reestructuración das competicións, a nova campaña comezou como é tradición. Semana a semana, repasamos todo o que acontece nas cateogorías do balompé afeccionado.

Futbolinlugo ten sempre a idea de dinamizar e difundir o fútbol lucense. Por iso, a maiores da actividades diaria da web, realizamos distintas accións presenciais. Este ano puidemos recuperar a gran celebración do All Star realizado en Carballedo.

Non quedes sen a túa rifa e colabora para que podamos seguir contando todo o relacionado co noso fútbol máis próximo.



Futbolinlugo sortea unha cesta este Nadal

A Porra de Futbolinlugo, 7

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *