Nova web Fútbolinlugo

Futbolinlugo estrea web para a nova temporada

A volta do fútbol chega con importantes novidades á nosa páxina

Futbolinlugo segue dando pasos cara adiante. Un dos últimos, como xa veriades, é o cambio de imaxe da nosa web. Unha páxina modernizada e plenamente ‘responsive’. Quere decir, adaptada a todo tipo de dispositivos. Un avance con respecto á versión anterior e que ten o seu porqué. Xa que sabemos que moitos de vós accededes desde dispositivos móbiles ou tablets. Deixando así atrás a anterior web orientada a un consumo desde PC.

Tratamos de conservar as seccións habituais, desbotando aquelas que tiñamos un pouco mais olvidadas. A partir de agora só teremos clasificacións de fútbol afeccionado e feminino. Porén a base e os veteráns non se van do noso universo. Teñen o seu oco no apartado de ‘Máis fútbol’.

Seccións da nova web

Nesta nova web, que supuxo un importante esforzo económico e técnico, tratamos de responder ás premisas principais da nosa existencia. Así como corrixir erros da anterior e aspectos que nos demandabades cambiar. Xa sabedes que somos fieis a traer unha información nova cada día. Por iso, o artigo do día contará cun espazo máis destacado e visible. A actualidade, a un click ou dedo.

Así mesmo, acabouse a publicidade invasiva e cansina. Seguirá habendo anuncios (dalgo temos que vivir) pero non entorpecerán a lectura. Ao mesmo tempo que serán máis visibles e destacados para os nosos mecenas. Todos gañamos. Outra das nosas bases son as redes sociais, a interacción coa comunidade. Desde a web poderase acceder coma sempre aos noso Twitter e os últimos chíos. E desde agora tamén ao Instagram, a rede na que máis crecemos nos últimos tempos.

Dúas das principais novidades

E por último, toca presentar as principais novidades. A maior parte delas xa dispoñibles. E as que non, estarán antes do comezo da temporada. Desde Futbolinlugo queremos estar á última e apostar polas novas tendencias en redes. Contaremos cun novo sistema para as galerías de fotos ao tempo que realizamos unha descarada aposta por mellorar o noso posicionamento SEO. As noticias responderán así aos principais parámetros que demandan os habituais motores de búsqueda. Deste xeito, a nosa aparición en buscadores como Google irá pouco a pouco aparecendo o máis arriba posible.

Ademais, coma sempre, pensamos en todos os nosos lectores. A nosa razón de existir. Habilitamos un espazo na web para que nos deixedes o voso correo. Así, a partires do comezo da temporada, poderemos mandarvos as principais noticias á vosa dirección de correo electrónico. Por se se vos escapou algo durante a semana ou nos nosos ‘cebos’ en redes sociais. En definitiva, xa tedes con todos vós unha web que supón un paso adiante. Unha evolución coa mente sempre posta en vós: a nosa fiel audiencia.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 752

Deja un comentario