San Lázaro

Diario dun mercado. Episodio 239

Comezamos esta edición do Diario dun Mercado coa nova fichaxe do Peluquería Mixta Friol. Trátase da mallorquina Noelia Martínez, unha xove gardameta de tan só 18 anos de idade, que chega procedente do Atlético Baleares.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Outro xove xogador, o chairego Anxo González deixa o Racing Vilalbés, co que xa debutou en Terceira, e convertirase en novo xogador do San Tirso, no que será o seu segundo ano sénior. O seu veciño Dani Montes reforzará a zaga do As Pontes, unha vez confirmada a súa saída do Viveiro. Alí estará ás ordes de Rafa Casanova.

O Ribadeo confirmou, tal como adiantaramos no Episodio 235, a chegada do mediocentro focense Jacob, procedente do Viveiro, onde non puido debutar en competición oficial por mor dunha lesión. Será a súa segunda etapa no Pepe Barrera.

Deportes Élide

O San Lázaro anunciou as renovacións de Picatto e Yago Armesto, mentres que Dani seguirá un ano máis defendendo as cores do Chantada Atlético. No Palas continuarán a vindeira campaña Tene e Xesús.

O Carballedo fichou ao dianteiro Monchito Rey, procedente do Vilamarín ourensán. Compartirá zona de ataque con Cristian Cabo, un dos goleadores dos do Catro Ventos.

A Pretempada

A SD Chantada anunciou os seus encontros amigables de pretempada:

  • 28 de agosto (Sangoñedo): triangular entre UD Ourense, Sarriana e SD Chantada.
  • 5 de setembro (A Pinguela): Lemos – SD Chantada.
  • 12 de setembro (Sangoñedo): SD Chatanda – Atlético Escairón.
  • 19 de setembro (A Medela): Taboada – SD Chantada.
  • 23 de setembro (Sangoñedo): SD Chantada – A Peroxa.
  • 26 de setembro (Sangoñedo): SD Chantada – Lalín.
  • 3 de outubro (Sangoñedo): SD Chantada – Castro
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 500

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.